![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Bandera_de_VIana_do_Bolo.svg/langgl-640px-Bandera_de_VIana_do_Bolo.svg.png&w=640&q=50)
Viana do Bolo
concello da comarca de Viana, na provincia de Ourense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2019 era de 2.886 persoas (3.368 en 2008, 3.743 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vianés».
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase Viana do Bolo (homónimos), Viana ou O Bolo (homónimos)
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Ourense ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | Viana do Bolo ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.750 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 256,3 km² ![]() | ||||
Altitude | 770 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Andrés Montesinos ![]() | ||||
Eleccións municipais en Viana do Bolo ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32086 ![]() | ||||
Páxina web | vianadobolo.gal ![]() | ||||
![]() ![]() |
Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino. Ese mesmo nome foille concedido despois ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262.[1] O segundo elemento do nome: Bolo (do latín bullum 'outeiro' ou indicando a proximidade ao veciño concello do Bolo), consolídase na documentación escrita no século XVIII.[2]