![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Pemmican_ball.jpg/640px-Pemmican_ball.jpg&w=640&q=50)
Pemmican
From Wikipedia, the free encyclopedia
O pemmican[1] é unha receita típica amerindia que está constituída por unha mestura de graxa animal, medula ósea, carne seca e bagas secas da que se obtén unha especie de pan ou pasta que compón un alimento rico en calorías, e que se pode utilizar como compoñente principal en comidas preparadas e tamén é apto para o seu consumo cru. Historicamente, foi unha parte importante da cociña nativa en certas partes de América do Norte e aínda hoxe[2]. A palabra procede da palabra cree ᐱᒦᐦᑳᓐ (pimîhkân) que deriva de ᐱᒥᕀ ( pimî ), "sebo, graxa" [3]. A forma en lakota (ou síux) é wasná, que orixinalmente quere dicir "graxa que deriva dos ósos da medula", co wa- crea un substantivo e sná é para se referir a pequenas pezas que se apegan a algo e que tamén se pode traducir por moído[4][5]. O preparado é un invento dos pobos nativos norteamericanos[6][7] e adoptárono como alimento de alta enerxía os europeos implicados no comercio de peles e máis tarde os exploradores do Ártico e da Antártida como o capitán Robert Bartlett, Ernest Shackleton, Richard E. Byrd, Fridtjof Nansen, Robert Falcon Scott, George W. DeLong ou Roald Amundsen. A súa produción documéntase no norte das Grandes Chairas dende o 2850 a. C.[8] e hai evidencias da súa posible elaboración no sur das Grandes Chairas (Texas) ao comezo do século XVII[9].
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Pemmican_ball.jpg/640px-Pemmican_ball.jpg)