From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Abram Bartlett, nado en 1875 e finado en 1946, foi un explorador norteamericano de orixe canadense.
Nome orixinal | (en) Robert Abram Bartlett |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de agosto de 1875 Brigus, Canadá (pt) |
Morte | 28 de abril de 1946 (70 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Brigus (pt) |
País de nacionalidade | Reino Unido Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | explorador , escritor de non ficción |
Familia | |
Irmáns | Rupert Wilfred Bartlett (en) |
Premios
| |
Naceu en Brigus, Terra Nova no seo dunha familia de pescadores, cando tiña 17 anos xa capitaneaba o seu primeiro barco, Bartlett pasou 50 anos realizando mapas e explorando as augas do Polo Norte, e dirixiu máis de 40 expedicións ao Ártico, máis que ninguén, antes ou despois.<b
Acompañou a Robert Peary co barco Roosevelt na súa exploración do Ártico, aínda que non participou na expedición final ao queren Peary ser o único branco en chegar o Polo Norte. Pero Bartlett foi o primeiro en navegar ao norte dos 88° N de latitude.
En 1914 Bartlett conseguiu salvar a vida dos homes que participaban na Expedición Karluk, logo que Vilhjalmur Stefansson, que a dirixía, deixara a expedición. Bartlett percorreu máis de 1000 quilómetros entre a Illa Wrangel, en Siberia ata Alasca para pedir axuda. Entre 1925 e 1945 dirixiu numerosas expedicións científicas ao Ártico, co apoio de museos americanos, clubs de exploradores e a National Geographic Society, adoptou a nacionalidade norteamericana para mellor financiar as súas viaxes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.