especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Os chamados grans do paraíso son unha especia do oeste de África obtida da planta Aframomum melegueta. É picante ao padal, con sabor moi similar á pementa negra. Tamén se coñece como pementa de Guinea.
Grans do Paraíso Aframomum melegueta | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Aframomum melegueta K.Schum. |
Planta da familia do xenxibre, cunha raíz en forma de rizoma, con talos foliares de non máis de 60 centímetros de lonxitude. As follas son compostas. As flores son violetas e saen directamente da raíz, máis ou menos solitarias. O froito é rubio, con multitude de sementes aromáticas pardas.
A pementa guineana é usada de modo corrente nas cociña da África Occidental e da África do Norte, para onde era exportada polas rotas das caravanas de camelos a través do Deserto do Sáhara, e de alí distribuída para Sicilia e Italia. Mencionada por Plinio o Vello como "pementa africana", foi esquecida en Europa até tornarse substituto da pementa negra en moda nos séculos XIV e XV, sobre todo no norte de Francia, unha das máis populosas rexións europeas da época.
En 1469, Afonso V, Rei de Portugal concedeu o monopolio do comercio do golfo de Guinea ao mercador lisboeta Fernão Gomes,[1] incluíndo a exclusividade do comercio da pementa de Guinea, entón chamada "malagueta" - que lle foi concedido por 100.000 reais anuais- en troco de explorar 100 leguas da costa de África por ano durante cinco anos.[2] A pementa de Guinea era entón moi popular como substituto da valiosa pementa negra asiática.[3]
Cando Cristovo Colón chegou ao Novo Mundo en 1492 e trouxo os primeiros exemplares de Capsicum frutescens, o picante da capsaicina espertou interese nos portugueses que había décadas que buscaban a rara pementa de Asia. O nome malagueta foi entón adoptado para esta nova "pementa".[3]
O Ménagier de Paris recomenda os grans do paraíso para mellorar o viño que "cheira a vello". Pasado algún tempo, o seu uso decaeu, e ficou limitado á aromatización de cervexa e salchichas. No século XVIII a súa importación para a Gran Bretaña caeu debido a unha lei parlamentaria de Xurxo III de prohibir o seu uso no licor de malte, aqua vita e tónicos.[4] A pesar das súas cualidades, hoxe en día é case descoñecida fóra da África Occidental[5] e do Norte, excepto polo seu uso nalgunhas cervexas.
As sementes teñen moitas aplicacións no campo da medicina tradicional, contra problemas intestinais, arrefriados, dores musculares e de columna, tamén para curar feridas e matar parasitos da cavidade bucal. Posúen efectos afrodisíacos e quitan o sono.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.