na mitoloxía grega, un cabalo alado, branco, que naceu do sangue derramado por Medusa From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega Pegaso (en grego Πήγασος) era un cabalo alado.
Pegaso naceu do sangue derramado por Medusa (fillo, por tanto, de Medusa e Poseidón) cando Perseo lle cortou a cabeza. Outra posibilidade era que nacera da terra, fecundada polo sangue de Medusa. A tradición di que naceu nas fontes do Océano, alá no extremo Oeste [1]. Cando naceu, Pegaso levou o raio a Zeus e púxose ó seu servizo.
Era totalmente branco e tiña dúas ás que lle permitían voar; unha característica do seu voo é que cando o realiza, move as patas coma se en realidade estivese correndo polo aire. Segundo as fontes clásicas, Perseo non chegou a voar montando a Pegaso, posto que o facía grazas a unhas sandalias aladas, con todo, moitos artistas renacentistas representárono voando neste cabalo.
Á morte de Pegaso, foi convertido na constelación de Pegasus.
É un dos equinos máis soados da literatura xunto con Rocinante (o cabalo de Don Quijote de la Mancha), Babieca (o de El Cid), Bucéfalo (o de Alexandre Magno) e o cabalo de Troia, entre outros.
Belerofonte encarna o defecto da excesiva ambición. A lenda conta que a propia Atenea levou a Pegaso ante el, ou que fora Poseidón quen llelo dera ou, incluso, que Belerofonte o capturou cando estaba bebendo na fonte de Pirene. Cando por fin consegue montar a Pegaso, non contento con isto, obrígao a levalo ao Olimpo para converterse nun deus, pero Zeus, molesto pola súa ousadía, envía a un insignificante mosquito que pica no lombo de Pegaso e precipita ao baleiro a Belerofonte. Este non morre, pero queda eivado e condenado a vagar apartado do resto do mundo toda a súa vida recordando a súa gloria pasada.
Segundo outros mitógrafos, Belerofonte, montado sobre Poseidón, logrou matar a Quimera [2] e vencer ás Amazonas. Cando morreu Belerofonte, Pegaso regresou ó Olimpo.
Nun momento determinado, as Piérides retan ás Musas a unha competición de canto no monte Helicón. Foron vencidas e as Musas transformáronnas en distintas aves. Pero o Helicón, enchido de orgullo [3] foi inchando, inchando, ata ameazar con chegar ó Olimpo. Poseidón detivo o problema ordenando a Pegaso que golpeara a montaña. Pegaso así o fixo e Helicón obedeceu, e no lugar onde Pegaso deu o couce naceu a fonte Hipocrene.
Pegaso foi un dos cabalos máis representados no cine, do mesmo xeito que o unicornio, sendo seres extraordinarios que encaixan perfectamente nas películas de fantasía e ficción. Un exemplo é Legend.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.