![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/60/Pedro_Froilaz_de_Trava.jpg/640px-Pedro_Froilaz_de_Trava.jpg&w=640&q=50)
Pedro Froilaz de Traba
Conde de Galiza, Trastámara e Traba / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Froilaz (tamén escrito Pero,[1] así como Froylaz[2] ou Fróilaz[3]), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava)[4], Trastámara[5], Galiza[6] e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador. No ano 1111, cando Afonso só contaba seis anos de idade, coroouno xunto ao bispo Xelmírez como rei de Galiza na catedral de Santiago de Compostela. Nos anos posteriores guiouno e protexeuno até coroalo tamén en Toledo (1117) e León (1126). Finou no ano 1126 sendo sucedido nos seus títulos e posesións polo seu herdeiro Fernando Pérez de Traba, terceiro dos seus quince fillos. Foi soterrado no cemiterio da igrexa de Santiago e os seus restos consérvanse actualmente nun sartego no Panteón Real da Catedral.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1075 (Gregoriano) ![]() Reino de Galicia ![]() |
Morte | c. 1126 ![]() Santiago de Compostela ![]() |
Lugar de sepultura | Panteón Real da Catedral de Santiago ![]() |
Conde de Galicia | |
Conde de Trastámara | |
![]() | |
– Fernando Pérez de Traba → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia ![]() |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla de Viadangos ![]() |
Outro![]() | |
Título | Conde ![]() |
Familia | Casa de Traba ![]() |
Cónxuxe | Urraca Froilaz de Traba Maior Rodríguez |
Fillos | Bermudo Pérez de Traba ( ![]() García Pérez de Traba ( ![]() Lupa Pérez de Traba ( ![]() Fernando Pérez de Traba ( ![]() Rodrigo Pérez de Traba ( ![]() Aldara Pérez de Traba ( ![]() ![]() |
Pais | Froila Bermúdez ![]() ![]() |
Irmáns | Gonzalo Froilaz de Traba, Visclávara Froilaz, Rodrigo Froilaz, Munia Froilaz, Adosinda Froilaz e Hermesenda Froilaz ![]() |
![]() |