membro da alta nobreza galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Vermudo Pérez de Traba nado a finais do s. XI ou principios do XII e finado en 1168, fillo do conde Pedro Froilaz de Traba e da súa primeira esposa, Urraca Froilaz, foi membro da liñaxe máis poderosa da Galiza na Idade Media, tenente en Trastámara, en Faro (A Coruña), en Viseu, e en Seia, propietario de vastos territorios e benfeitor de mosteiros. Tamén aparece transcrito como Bermudo ou Veremundi no canto de Vermudo, Peres en vez de Pérez e Trava por Traba.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1088 (Gregoriano) |
Morte | 1168 (Gregoriano) (79/80 anos) Sobrado, España |
Lugar de sepultura | mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes |
Conde de Traba | |
Familia | |
Familia | Casa de Traba |
Cónxuxe | Urraca Henriques |
Fillos | Teresa Bermudez de Traba, Fernão Bermudes de Trava, Sancha Bermudes de Trava |
Pais | Pedro Froilaz de Traba e Urraca Froilaz de Traba |
Irmáns | Fernán Pérez de Traba Rodrigo Pérez de Traba |
Bermudo non tivo título de conde e aparece como dominus e tamén como Vermudo Petriz Galleciae. A súa presenza consta documentada por primeira vez na documentación o 1 de abril de 1104, co seu irmán, o conde Fernán Pérez de Traba, facendo unha doazón ao Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.[2] Serviu a raíña Urraca I e cos seus irmáns xurou lealdade ao seu fillo o rei Afonso VII en Zamora.
O 29 de xullo de 1118, a raíña Urraca, co consentimento do seu fillo Afonso, devolveu a Vermudo e ao seu irmán Fernán os territorios do mosteiro de Sobrado, que o rei Fernando I tomara pola forza en 1050. Poucos anos despois, o 25 de xullo de 1122, concedeu á súa muller Urraca Henriques varias propiedades, incluíndo As Donas,[3] tres aldeas e dous mosteiros.[4]
En 1125, Bermudo aparece en Portugal confirmando a doazón feita pola condesa de Portugal Teresa, ou Tareixa de León, como señor de Viseu aparecendo o seu irmán Fernán como gobernador de Coímbra.[5]
Despois da morte de Teresa, en 1131, Vermudo iniciou unha revolta no Castelo de Seia que non tivo éxito, xa que o infante D. Afonso Henriques foi ao seu encontro coas súas forzas e expulsouno. Vermudo volveu a Galiza, cruzando poucas veces de novo o Río Miño.[5]
En 1138 reconstruíu o Mosteiro de Xanrozo, máis tarde de Nosa Señora das Donas, e despois Mosteiro das Cascas,[6] probabelmente fundado por Froila Vermudes, avó de Vermudo,[7] Este herdara a metade do mosteiro do seu pai, Pedro Froilaz, e o rei Afonso VII, criado con Vermudo, devolveu a outra metade do mosteiro que Pedro Froilaz lle dera, para que Vermudo tivese toda a propiedade.[8] Cedeulle o mosteiro á súa filla Urraca, que entrou de monxa no convento e converteuse na abadesa. En setembro de 1145, Urraca, co consentimento do pai, doouno ao Mosteiro de Sobrado.[9] O mosteiro das Cascas, hoxe en ruínas, con só a igrexa de San Paio, estaba situado no lugar de Nendos en Betanzos.[6]
El e o seu irmán fixeron moitas doazóns ao mosteiro de Sobrado, e en 1142 entregaron as súas propiedades aos monxes do Císter[10] Peregrinou a Terra Santa dúas veces; a primeira vez co irmán en 1147 e despois volveu en 1153, volvendo a Galiza no ano seguinte 1155 como o acredita un documento da venda feita por Adosinda Rodríguez dunha propiedade en Sobrado o 23 de abril de 1155 que consta: ipso anno presente, cando domnus Vermudis reversus est Hierosalime.[7][11][10]
En 1148 encargou ao abade do Mosteiro de San Xusto de Toxos Outos a construción dun convento na aldea de Nogueirosa, preto de Pontedeume. Este lugar formaba parte das arras que lle entregara á súa muller a infanta Urraca o 25 de xullo de 1122. Xa en 1150, Urraca doou ao abade e ao mosteiro diversos bens coa condición de que ela e catro damas da súa familia fosen admitidas como monxas no convento de Santa María de Nogueirosa.[12]
O 6 de agosto de 1160 Vermudo ingresou como monxe no Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes. Urraca tamén se retirou ao mosteiro de Nogueirosa en Pontedeume onde morreu en 1173 e foi sepultada na súa igrexa conventual.[13]
Casou máis dunha vez, como el mesmo declara nun documento de 1138, cando fixo a carta de doazón e dote para a súa filla Urraca, monxa do Mosteiro de Cascas.
Dunha das súas primeiras esposas, Teresa Bermudes, [14] tivo tres fillos:
(Os apelidos Bermudes son tamén transcritos Bermúdez, Vermudes, Vermúdez ou Veremúndez)
Tivo outra esposa chamada Adosinda Gonçalves de quen tivo dúas fillas:
Casou arredor de 1122 con Urraca Henriques, infanta de Portugal, filla de Henrique de Borgoña e Teresa de León, coa que tivo seis fillos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.