![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/The_Barcelona_Pavilion%252C_Barcelona%252C_2010.jpg/640px-The_Barcelona_Pavilion%252C_Barcelona%252C_2010.jpg&w=640&q=50)
Pavillón alemán de Barcelona
Ben de Interese Cultural / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pavillón alemán de Barcelona foi deseñado por Ludwig Mies van der Rohe e Lilly Reich como pavillón de Alemaña para a Exposición Internacional de Barcelona, celebrada en Montjuïc. Construído con vidro, aceiro e distintos tipos de mármore, trátase dunha obra simbólica do Movemento Moderno, considerada por moitos críticos como unha das catro pezas fundamentais deste movemento, xunto co edificio da Bauhaus de Walter Gropius, a vila Savoye de Le Corbusier e a Casa da Fervenza de Frank Lloyd Wright. Concibiuse para albergar a recepción oficial presidida polo rei Afonso XIII xunto ás autoridades alemás.
Pavillón alemán Pavelló alemany | |
---|---|
![]() Vista do pavillón, reconstruído nos anos 80 | |
Edificio | |
Estilo | Movemento Moderno |
Enderezo | Praza de Carles Buïgas |
Localización | Barcelona, ![]() ![]() |
Coordenadas | 41°22′14″N 2°09′00″L |
Uso(s) | Cerimonial |
Construción | |
Inicio | 1928 |
Construción | 1929 |
Demolición | 1930 (reconstruído no 1986) |
Dimensións | |
Superficie | 1050 metros cadrados |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Ludwig Mies van der Rohe e Lilly Reich |
[ editar datos en Wikidata ] |
O pavillón foi desmantelado trala exposición en 1930, e en 1986, Oriol Bohigas impulsou a iniciativa de reconstruílo na súa localización orixinal, en Montjuïc, onde permanece aberto ó público.[1]