arquitecto español From Wikipedia, the free encyclopedia
Oriol Bohigas i Guardiola, nado en Barcelona o 20 de decembro de 1925 e finado o 30 de novembro de 2021,[1] foi un arquitecto catalán.
En 1943 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, onde se graduou en 1951. En 1961 obtivo o título de urbanista e no ano 1963 o de Doutor Arquitecto. Ó rematar os seus estudos, en 1951 fundou xunto a outros arquitectos o Grupo R. Ese mesmo ano asociouse con Josep Martorell e en 1962 con David Mackay formando o estudio de arquitectura MBM Arquitectes.[1] Foi presidente da editorial Edicions 62 (1975-1979). No ano 1977 foi nomeado Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB), cargo que abandonou en 1980 para ser nomeado, polo alcalde socialista Narcís Serra, delegado da área de Urbanismo do concello de Barcelona ata 1984.[1] Desde ese momento pasou a ser concelleiro de Urbanismo do concello de Barcelona, con Pasqual Maragall, o que lle permitiu proxectar a política urbanística das grandes infraestruturas para Barcelona co motivo dos Xogos Olímpicos de 1992.
En 1991, foi elixido concelleiro de Cultura. Entre 1981 e 1988 foi presidente da Fundación Joan Miró. Dende o 2007 é o presidente do Ateneo Barcelonés[2], cargo dende o cal iniciou a restauración e mellora da súa biblioteca.
Foi catedrático emérito pola Universidade Politécnica de Cataluña e Doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Darmstadt e a Universidade Menéndez Pelayo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.