Mármore
From Wikipedia, the free encyclopedia
O mármore é un tipo de rocha compacta formada a partir de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións, acadan un alto grao de cristalización. O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a gran variedade de cores nos mármores, e definen as súas características físicas. Tras un proceso de puído por abrasión o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na construción, decoración e escultura. Ás veces é translúcido, ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul e o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas entre elas.