David
From Wikipedia, the free encyclopedia
David (en hebreo: דָּוִד Dāwîḏ; en árabe: داوُد Dāwūd; en siríaco: ܕܘܝܕ Dawid; en grego antigo: Δαυίδ; en latín: Davidus, David) foi, segundo os Libros de Samuel, o segundo rei do Reino de Israel (século X a.C.), e de acordo co Novo Testamento, devanceiro de Xesús. A súa vida é datada de forma convencional entre c. -1040 e o -970, e o seu reinado sobre Xudá c. -1010 e o –970.[1]
Nome orixinal | (he) דָּוִד |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1039 a. C. Belén |
Morte | 969 a. C. (69/70 anos) Xerusalén |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Cidade de David Xerusalén |
King of Israel (en) | |
1003 a. C. – 970 a. C. ← Isboset (pt) – Salomón → | |
Profeta xudaísmo, Islam | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Israel e Judá (pt) |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Relixión | Yahwisme e xudaísmo |
Actividade | |
Ocupación | pastor , señor da guerra , instrumentista , poeta , gobernante , monarca |
Profesores | Samuel |
Alumnos | Aías (pt) |
Lingua | Hebreo bíblico |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 29 de decembro |
Instrumento | Voz e arpa |
Compañeiro profesional | Ionatán: Davi e Jônatas (pt) |
Participou en | |
Urias (pt) | |
Obra | |
Obras destacables | |
Outro | |
Título | Monarca |
Familia | Dinastia de Davi (pt) |
Cónxuxe | Betsabé Haggith Abital Sulamita Maacah Ahinoam Egla Michel Abigail Abisag |
Parella | Abisag (pt) |
Fillos | Salomón () Betsabé Jerimoth (en) () Ibhar (en) () Itreão (pt) () Egla (pt) Hazana (en) () Shephatiah (en) () Abital (en) Sobab (en) () Betsabé Amnón () Ahinoam Natã (pt) () Betsabé Abxalom () Maacah (en) Adonías () Haggith (en) Quileabe (pt) () Abigail (pt) Tamar (pt) () Q18234155 Eliada (en) () |
Pais | Xesé e Nitzevet (pt) |
Irmáns | Eliab (en) , Shimea (en) , Abinadab (en) , Zeruia (pt) e Abigail (en) |
Cronoloxía | |
visión | |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras siríacas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os Libros de Samuel, 1 Reis e 1 Crónicas son as únicas fontes de información sobre David do Antigo Testamento, malia que a Estela de Tel Dan (datada do c. -850 ou -835) contén a frase בית דוד (bytdwd), que se le como "Casa de David", polo que moitos estudosos confirman que pode ter existido unha dinastía real xudía do século -IX chamada Casa de David.[2]
Descrito como un valoroso guerreiro de gran renome, está considerado ademais un poeta e músico que compuxo moitos dos salmos contidos no Libro de Salmos. O Rei David está amplamente considerado como un rei xusto e eficaz tanto no goberno como na batalla.
Segundo o cristianismo, David é unha salientada figura por pertencer o seu mesías Xesús de Nazaret á Casa de David. No islam, David é considerado un profeta.