artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade no Uruguai, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. O Uruguai aceptou a convención o 9 de marzo de 1989, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Datos da UNESCO | Superficie | Ano da inclusión | Descrición | Referencias |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Barrio histórico da cidade da Colonia del Sacramento | Departamento de Colonia, Uruguai 34°28′4″S 57°51′12″O |
Cultural: (IV) |
Zona de protección: 16 ha. Zona de respecto: 57 ha. | 1995 | Fundada en 1680 polos portugueses, a cidade cambiou de mans entre os españois e os portugueses varias veces durante os séculos XVII e XVIII e finalmente perdeuse para os españois. A súa paisaxe urbana ben conservada testemuña a fusión dos estilos coloniais español e portugués. | [5] | |
2 | Paisaxe cultural-industrial de Fray Bentos | Departamento de Río Negro, Uruguai 33°07′04″S 58°19′54″O |
Cultural: (II), (IV) |
Zona de protección: 273,8 ha. Zona de respecto: 2127,7 ha. | 2015 | Situado no sector planificado do río Uruguai ao oeste de Fray Bentos, o complexo industrial construíuse tras o desenvolvemento dunha fábrica fundada en 1859 para procesar a carne producida nas vastas praderías circundantes. O sitio ilustra todo o proceso de obtención, transformación, envasado e distribución da carne. Inclúe edificios e equipamentos da Liebig Extract of Meat Company, que exporta extracto de carne e carne en conserva ao mercado europeo desde 1865, e da Anglo Meat Packing Plant, que exporta carne conxelada desde 1924. A través da súa localización física, os seus edificios industriais e residencias, así como institucións sociais, o sitio presenta unha ilustración de todo o proceso de produción de carne a escala mundial. | [6] | |
3 | A obra do enxeñeiro Eladio Dieste: Igrexa da Atlántida | Canelones, Uruguai 34°44′38″S 55°45′58″O |
Cultural: (IV) |
Zona de protección: 0,56 ha. Zona de respecto: 69,5 ha. | 2021 | Proxectado polo enxeñeiro uruguaio Eladio Dieste en 1952 e construído en 1959. Trátase dunha construción de muros e teitos ondulados, feita integramente en ladrillo visto, sen columnas nin vigas, conta ademais cunha torre de 15 metros de altura con muros furados. No seu interior hai un Cristo tallado en madeira realizado polo escultor Eduardo Díaz Yepes e un altar de bloque de granito verde cru. Esta construción forma parte do patrimonio histórico nacional. | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.