Patrimonio da Humanidade en Fidxi
artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Fidxi, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Fidxi ratificou a convención o 21 de novembro de 1990, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
A Cidade Histórica Portuaria de Levuka foi o primeiro lugar de Fidxi incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO na 37ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Phnom Penh (Camboxa) en 2013.[4] Fidxi conta cun único sitio clasificado como Patrimonio da Humanidade, pertencente á categoría de patrimonio cultural.
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | Levuka | Ovalau | 2013 | 1399; ii, iv (cultural) | A cidade e a súa liña baixa de edificios entre cocoeiros e mangueiras ao longo da praia foi a primeira capital colonial de Fidxi, cedida aos británicos en 1874. Desenvolveuse desde principios do século XIX como un centro de actividade comercial para estadounidenses e europeos que construíron almacéns, tendas, instalacións portuarias, residencias e institucións relixiosas, educativas e sociais arredor das aldeas da poboación indíxena da illa do Pacífico Sur. É un raro exemplo de cidade portuaria tardía colonial que foi influenciada no seu desenvolvemento pola comunidade indíxena que continuou superando en número aos colonos europeos. Así, a cidade, un notable exemplo de asentamentos portuarios do Pacífico a finais do século XIX, reflicte a integración das tradicións construtivas locais por parte dunha potencia naval suprema, o que leva á aparición dunha paisaxe única. (UNESCO/BPI)[6] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.