![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3b/Patacones_con_queso_-_Barranquilla.jpg/640px-Patacones_con_queso_-_Barranquilla.jpg&w=640&q=50)
Patacón (gastronomía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O patacón, tostón, frito ou tajada é unha comida a base de anacos esmagados fritos de plátano verde. É un prato popular en varios países latinoamericanos e caribeños como Colombia, Cuba, Ecuador, República Dominicana, Venezuela, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Guatemala, Porto Rico e Honduras.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Patacón.
Datos rápidos
Patacón | |
![]() Patacón con queixo. | |
Outros nomes | Tostón, frito, tajada |
Orixe | Latinoamérica |
Ingredientes | |
Orixe vexetal | Plátano verde Aceite |
Condimentos | Sal común |
Pechar
Nas Antillas españolas, en Centroamérica (agás Panamá, Costa Rica e Honduras) e en partes de Venezuela coñécese como tostón.[1] Nos restaurantes da rexión amazónica e do norte do Perú[2] e tamén en Bolivia popularizouse mais non constitúe un prato tradicional. En Honduras, os patacones ou tostones son coñecidos como tajadas.