Partido Comunista do Brasil
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Comunista do Brasil, coñecido polas siglas PCdoB, é un partido político brasileiro de esquerda, baseado ideoloxicamente nos principios do marxismo. Ao igual que a maioría dos partidos comunistas está identificado coa cor vermella e o seu símbolo é a fouce e martelo.
Partido Comunista do Brasil | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Luciana Santos |
Mocidades | União da Juventude Socialista (UJS) |
Filiación internacional | Foro de São Paulo |
Historia | |
Fundación | 18 de febreiro de 1962 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Socialismo Marxismo-Leninismo Proteccionismo Anticapitalismo Estatismo |
Outros datos | |
Sede | São Paulo e Brasilia |
Publicación | A Classe Operária |
Na rede | |
csdob.org.br | |
Foi fundado en 1958[1] como unha á disidente, aliñada co stalinismo, dentro do Partido Comunista Brasileiro (PCB), que naquela época, apoiaba as reformas defendidas por Nikita Khrushchev no XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética en 1956, e que máis tarde serían coñecidas como desestalinización. Lideraban a disidencia Mauricio Grabois, João Amazonas e Pedro Pomar, e decidiuse a escisión do partido despois de que o documento Carta dos cen (asinada por cen militantes en catro Estados do país), fose rexeitada no V Congreso do PCB.[2][3] Así pois, en 1962, fundouse o Partido Comunista do Brasil (PCdoB).
Desde o seu nacemento, o PCdoB seguiu diversas liñas políticas baseadas en distintas experiencias comunistas polo mundo. Naceu sendo contrário á liña adoptada por Nikita Khrushchev na antiga Unión Soviética e reivindicando o legado de Iosif Stalin.[2] Nos anos 60, adoptou a liña maoísta (aliñándose co Partido Comunista da China) e pasou a practicar a loita de guerrillas (o PCdoB é famoso pola actuación na Guerrilla do Araguaia). En 1978, pasou a reivindicar o comunismo de Albania (hoxhaísmo).[4]
Nacionalmente, o PCdoB fixo parte da base de apoio do goberno de Dilma Rousseff e anteriormente do de Lula da Silva.
Edita a publicación A Classe Operária e a revista Princípios, e, internacionalmente, é membro do Foro de São Paulo.[5]
No movemento estudantil, organízase na União da Juventude Socialista (UJS) e no sindical faino a través da Central dos Trabalhadores e Trabalhadoras do Brasil (CTB). O partido conta con máis de 390.000 afiliados.