artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
A administración e organización da conservación da natureza en Namibia está a cargo do Ministerio de Medio Ambiente e Turismo. En 2013 estaban baixo protección estatal directa 138 163,7 km², algo menos do 16,8% do territorio do país.[1]
Ademais, outros 177 435 km² (aproximadamente o 21,5% da superficie) están baixo protección parcial do Estado (as denominadas Conservancies).
Parque nacional de Mamili, creado en 1990, 320 km², en dúas illas en dous ríos na prolongación sur de Caprivi, a iila de Nkasa non é accesíbel por estrada, sabana arborada con acacias, 600 mm, entre 5 e 35 °C; zona de paso entre Namibia e Botswana, elefantes e búfalos.[2]
Parque nacional de Bwabwata, creado en 2007, 6 100 km², na franxa de Caprivi, entre os ríos Okavango e Cuando, vexetación baixa con dunas, zonas inundábeis en época de chuvias, xuncos e papiros, palmeiras, zona de paso de elefantes entre Botswana e Angola; licaóns, antílopes, hipopótamos, leóns, etc.
Parque nacional de Dorob, creado en 2010, 1 610 km² na costa central de Namibia. Ao sur está o Parque nacional de Namib-Naukluft, e ao norte o da Costa dos Esqueletos, xusto ao norte da rserva de focas do cabo Cross. Como na Costa dos esqueletos hai hienas, oryx, cebras e 270 especies de aves.
Parque nacional Etosha, creado en 1907, 22 270 km², bosque baixo con matogueira, sabana e lagoas salgadas secas, bosque de mopane, charcas; todos os mamíferos africanos grandes e depredadores.
Parque nacional Costa dos Esqueletos, creado en 1971, 16 845 km², costa noroeste de Namibia, area entre montañas e o océano, só aberto aos vehículos a metade sur, até o río Ugab. Enlaza polo norte co Parque nacional de Iona, en Angola, de 15 150 km², para formaren a Área de Conservación Transfronteiriza de Iona-Costa dos Esqueletos.
Parque nacional de Khaudom, creado en 1989, 4 000 km², ao sur da franxa de Caprivi, na fronteira con Botswana, sabana arborada e e matgueira, elefantes, leóns, licaóns, leopardos, cudús, oryx, etc.[3]
Parque nacional de Mangetti, creado en 2008, 420 km², no norte, na rexión de Kavango; sabana arborada e matogueira, antílopes, hienas, licaóns, leopardos, etc.[4]
Parque nacional de Namib-Naukluft, creado en 1979, 49 768 km², centro-sur do país, xunto ao océano, dunas xigantes; lugar máis coñecido: Sossusvlei; neéboa, 100 mm de precipitación anual aproveitada polos escaravellos do xéneroStenocara. Tamén órices do Cabo.
Parque Nacional de Sperrgebiet, creado en 2004, 26 000 km², desde a costa atlántica até 100 km no interior, nunha zona do deserto do Namib de acceso prohibido en gran parte pola explotación de diamantes, cerca de Luderitz; éntrase polo pobo fantasma de Elizabeth Bay. No sur están as bocas do río Orange, sitio Ramsar de aves; no deserto, plantas endémicas suculentas.[5]
Parque nacional de Waterberg, creado en 1972, 405 km², no centro de Namibia, na meseta de Waterberg, elevación no medio do Kalahari, 1600-1700 m, 200 m de desnivel, case inaccesíbel salvo polo nordeste, rinocerontes negro e branco, búfalos, xirafas, cudús, antílopes etc.[6]