Deserto do Namib
deserto do sur de África From Wikipedia, the free encyclopedia
O deserto do Namib,[Cómpre referencia] chamado ás veces deserto de Namibia,[1] é un importante deserto de África que se estende ao longo da costa de Namibia, entre o río Cunene, entre Namibia e Angola, ao norte, e o río Orange, que marca a fronteira coa República Surafricana, ao sur.
Tipo | deserto | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Namibia | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 200 () × 2.000 () km | |||
Punto máis alto | Monte Brandberg (pt) (2.573 m ) | |||
Superficie | 81.000 km² Patrimonio da Humanidade: 3.077.700 ha zona de protección: 899.500 ha | |||
Xeografía
Dimensións
O deserto do Namib ten unha lonxitude duns 2 000 km, unha largura que varía entre os 80 e os 200 km, e unha superficie aproximada duns 81 000 km².[2]
Etimoloxía
A ecorrexión


Algúns xeógrafos consideran que o biótopo ou a ecorrexión propiamente dita (tal como está definida polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF) esténdese entre o río Uniab, 200 km ao norte do cabo Cross, e a cidade de Lüderitz no sur.
A ecorrexión, extremadamente árida, comprende dunas de area, chairas de grava e montañas esgrevias. Completamente desprovisto de auga superficial, aínda que está atravesado por varios leitos secos. Estes leitos están poboados de vexetación e albergan algúns ungulados, como as cebras de montaña de Hartmann (Equus zebra hartmannae).[2]
O sur do deserto é extremadamente seco e incluso carece de leitos secos; o órix do Cabo (Oryx gacella) —localmente denominado gemsbok— é o único mamífero grande que pode vivir neste ambiente hostil. As néboas mestas son frecuentes ao longo da costa, e son o "sangue vital" do deserto, subministrando suficiente humidade para que sobrevivan unha gran cantidade de especies animais interesantes e altamente adaptadas á estas extremadas condicións ambientais.[2]
A parte do Namib que se estende ao norte do río Uniab denomínase deserto de Kaoko, e adéntrase en Angola.
Ten un río sempre con auga, o Cunene, onde chove máis (até 100 mm en tormentas esporádicas de outubro a marzo) e a fauna e a flora son máis abundantes.[2]
A parte do Namib que se estende ao sur de Lüderitz denomínase Karoo (Karoo suculento e Karoo nama) e adéntrase notabelmente en Suráfrica. Ten outro río sempre con auga, o Orange, que noutro tempo estaba poboado de hipopótamos, e caracterízase por ser a rexión do mundo máis abundante en especies de plantas suculentas (máis de 10 000).[2]
O deserto do Nabib considérade que é o deserto máis antigo do mundo,[2] e tense constancia de que xa existía durante a Era Terciaria, hai uns 65-55 millóns de anos,[2] época na que se extinguiron os dinosauros.
Patrimonio da Humanidade
A Unesco declarou o Namib como Patrimonio da Humanidade en 2013.[3]
Galería
- Ascenso á "Duna 45" do deserto do Namib a primeira hora da mañá.
- Vista de Dead Vlei, a paraxe máis popular do deserto do Namib.
- Lagoa de carácter temporal formada en Sossusvlei despois dunha chuvia infrecuente no mes de agosto que tivo lugar 15 días antes da foto.
- Swakopmund. Obsérvese a anchura das avenidas en comparación cos edificios de estilo centroeuropeo.
- No deserto do Namib, as acacias provén de refuxio e alimento a numerosas especies animais.
- Camaleón de Namaqua (Chamaeleo namaquensis) no Namib.
- As acacias secas que permanecen nos deathvleis, algunhas desde hai centos de aos, sirven de miradoiro aos corvos do Namib.
- Welwitschia mirabilis, a "planta nacional" de Namibia.
- As acacias secas que permanecen nos deathvleis, algunhas desde hai centos de anos, sirven de miradoiro aos corvos do Namib.
- Suricatas.
- O momento en que todos os turistas esperan ao lombo da "Duna 45".
- Oryx gazella.
- O cabo Cross, coa colonia de osos mariños máis importante de África.


Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.