From Wikipedia, the free encyclopedia
A pardela de Bulwer[2][3] (Bulweria bulwerii) é unha pardela pequena, unha das dúas únicas especies do xénro Bulweria (descrito por Charles Lucien Bonaparte, en 1843). Esta ave recibiu o seu nome en homenaxe o naturalista escocés James Bulwer, que recolleu os primeiros exemplares na illa de Madeira.
Pardela de Bulwer | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Bulweria bulwerii Jardine & Selby, 1828 |
É unha ave de ás moi longas: 78 a 90 cm de envergadura fronte ós 25 a 29 cm de longo do corpo. A plumaxe é castaña e teñen unha cola longa e apuntada. Voa recordando a xeito de boia e con moitos xiros mentres recolle alimento de tipo planctónico na tona da auga do mar.
É unha ave mariña que cría no norte do océano Atlántico, en colonias nas illas de Cabo Verde, Azores, Canarias e Madeira.
Crían tamén en illas ó longo do Pacífico norte, dende o leste da China a Hawai. Despois da reprodución, dispérsanse para pasa-lo resto do ano no mar, en xeral en augas tropicais. Exemplares illados apareceron nas costas de Irlanda, Gran Bretaña, Portugal e os Países Baixos e tamén na costa norteamericana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.