guía de cores From Wikipedia, the free encyclopedia
Pantone LLC, é unha marca con sede en Carlstadt (Nova Jersey, EUA) propiedade da corporación X-Rite que a mercou en outubro de 2007 por 180 millóns de dólares. Pantone é unha marca rexistrada referente mundial en selección de cores. As súas guías de cor son empregadas en todo o mundo para designar e seleccionar cores normalizadas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Pantone | |
---|---|
Fundación | 1963 |
Matriz | X-Rite |
Localización | Carlstadt, Nova Jersey Estados Unidos |
Fundador | Lawrence Herbert |
Industria | Cor |
Produtos | Guías de cores |
Na rede | |
https://www.pantone.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
As orixes están nunha pequena empresa fundada en 1866 e adicada á creación de libros de mostra para fabricantes de cosméticos. Pantone era nos anos 50 unha empresa de artes gráficas. En 1956, contrataron a un recente graduado da Universidade Hofstra, Lawrence Herbert como empregado a tempo parcial. Herbert empregou os seus coñecementos de química para sistematizar e simplificar as accións da compañía cos pigmentos e na produción de tintas de cor. En 1962, a división de tintas e de impresión gañaban cartos mentres que a división comercial estaba en perdas de 50.000 dólares. Lawrence Herbert posteriormente mercou toda a empresa.
En 1990 crearon Hexachrome[1]. Unha nova guía de cores baseada en seis cores primarias, o que permite xogar cun maior número de cores (especialmente algúns imposibles de acadar a toda cor como laranxa e morado). Este proceso require un sistema de impresión de seis unidades de entintado independentes e software específico para a separación en seis cores. As seis cores primarias de Hexachrome son: negro, ciano, maxenta, amarelo, laranxa e verde. Nalgúns casos, o verde pode ser substituído polo azul reflexo.
Negro | Ciano | Maxenta | Amarelo | Laranxa | Verde |
Cores Hexachrome |
Os sistemas de impresión gráfica empregan a cuatricromía chamada CMYK Ciano, Maxenta, Amarelo (Yellow) e Negro (Knight), o que se chama cores complementarios pero as pantallas de televisión empregan o RGB Vermello (Red), Verde (Green) e Azul (Blue).
A suma das tintas CMY na mesma proporción da unha cor negra. A imperfección das tintas fai que esa cor negra non sexa exactamente negra, parécese mais a unha cor marrón escuro, é por isto que se engade a cor negra de xeito independente. A suma das cores RGB da unha cor branca. Ao pasar dun soporte a outro un deseño en pantalla a soporte impreso fai necesario que as cores sexan o máis parecidas posibles. As guías pantone estandarizan as cores e permiten unha selección precisa ou o máis aproximada posible.
Cores CMYK | |||||||
Ciano | Maxenta | Amarelo | Negro |
RGB-> |
Vermello | Verde | Azul |
Cores RGB |
Nas guías Pantone cada cor descríbese cunha numeración e as iniciais en función da superficie ou material no que se vai a aplicar a cor:
Dende o ano 2000 Pantone, como empresa que está nuns sectores tan suxeitos a modas e tendencias cada ano selecciona o que considera será a cor tendencia dese ano.
ano 2000 Pantone 15-4020 Cerulean |
ano 2001 Pantone 17-2031 Fuchsia Rose |
ano 2002 Pantone 19-1664 True Red |
ano 2003 Pantone 14-4811 Aqua Sky |
ano 2004 Pantone 17-1456 Tigerlily |
ano 2005 Pantone 15-4020 Blue Turquoise |
ano 2006 Pantone 13-1106 Sand Dollar |
ano 2007 Pantone 19-1557 Chili Pepper |
ano 2008 Pantone 18-3943 Blue Iris |
ano 2009 Pantone 14-0848 Mimosa |
ano 2010 Pantone 15-5519 Turquoise |
ano 2011 Pantone 18-2120 Honeysuckle |
ano 2012 Pantone 17-1463 Tangerine Tango[2] |
ano 2013 Pantone 17-5641 Emerald |
ano 2014 Pantone 18-3224 Radiant Orchid [3] |
ano 2015 Pantone 18-1438 Marsala[4] |
ano 2016 Pantone 15-3913 Serenity[5] |
ano 2017 Pantone 15-0343 Greenery[6] |
ano 2018 Pantone 18-3838 Ultra Violet[7] |
As cores amosadas en pantalla son orientativas e poden non ser precisas, a cor exacta está nas guías Pantone.
As cores non poden ser rexistradas nin ter un uso exlusivo, por isto as cores Pantone poden ser empregadas libremente, pero non así os códigos que as designan. Pantone ten rexistradas estas numeracións polo que non poden ser empregadas libremente. O uso dunha cor asociada a un produto ou marca si está recoñecida como uso exclusivo para evitar confusións comerciais[8]. As empresas empregan manuais de uso e normalizan a súa imaxe no mercado.
Os programas de deseño gráfico teñen que empregar guías de cor, pero GIMP (GNU Image Manipulation Program), ao ser software libre, non emprega Pantone.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.