A aguia peixeira[2] (Pandion haliaetus) é unha ave rapaz bastante grande e especializada en capturar peixes.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Aguia peixeira

Exemplar no Parque Nacional de Nagarhole


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes ou Falconiformes
Familia: Pandionidae
Sclater e Salvin, 1873
Xénero: Pandion
Savigny, 1809
Especie: P. haliaetus
Nome binomial
'Pandion haliaetus'
(Linnaeus, 1758)
Distribución global de Pandion haliaetus
Distribución global de Pandion haliaetus

Distribución global de Pandion haliaetus
Pechar

Anatomía

A aguia peixeira ten a plumaxe do peito branca, ás longas e estreitas que presentan nas extremidades pulseiras negras, o que lle dá unha aparencia distintiva. Está moi ben adaptada para o seu réxime alimentario: pode pechar o nariz para evitar a entrada da auga e as dedas están provistas dunha especie de escamas puntiagudas que lle facilitan ao agarre das presas. O seu voo é lento, alternando o planeo e o bater de ás. Aniña nos lagos e lagoas de auga doce, ás veces nas costas.

Habitualmente as femias son menos filopátricas cós machos, é dicir teñen menos apego cós machos ó territorio de nacemento[3], polo que adoitan ser estas as que se incorporan ó territorio controlado por un macho[3]. Emparéllanse de por vida; en marzo comezan un período de cinco meses de colaboración para construír o niño e coidaren aos aguiachos. As femias poñen 3 ou 4 ovos a fins de abril, chócanos durante cinco semanas, e os aguiachos comezan a voar oito semanas despois da eclosión. As aguias peixeiras que aniñan en Europa pasan o inverno en África. As do Canadá e os Estados Unidos invernan en América do Sur; os de Australia non migran.

Thumb
Unha aguia peixeira (Pandionidae) preparándose para mergullar. Foto feita polo Centro Espacial John F. Kennedy.
Thumb
Pandion haliaetus

Dende o século XIX sufriron unha forte persecución, que se prolongou ata os anos 70 do século XX[3]. Por aquel entón as aguias peixeiras estiveron a piques de se extinguir, pero dende a prohibición do DDT e políticas proteccionistas en moitos países dende 1970 a súa poboación está a se recuperar.

En Europa hai arredor de 8.000 parellas, sobre todo en Escandinavia, Escocia e Rusia. Na Península Ibérica só se reproduce nas Baleares, Canarias e Chafarinas, con arredor de 30 parellas. En Galicia é unha especie moi rara, tan só se pode ver nas épocas de migracións, sobre todo no esteiro do Miño.

En América hai de 20.000 a 30.000 parellas.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.