Pallacanestro Virtus Roma
Equipo de baloncesto italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Equipo de baloncesto italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pallacanestro Virtus Roma, coñecido popularmente como Virtus Roma, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Roma, capital do país. Actualmente xoga na Serie A (LBA), a máxima categoría do baloncesto transalpino. O momento máis histórico do club foi a consecución da Copa de Europa (actual Euroliga) en 1984. O equipo diputaba os seus partidos como local no PalaLottomatica, con capacidade para 11.200 espectadores.
Virtus Roma | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Serie A2 |
Fundación | 1960 |
Cores | Vermello, amarelo |
Presidente | Claudio Toti |
Adestrador | Piero Bucchi |
Patrocinador | Acea |
Vestimenta | Joma |
Himno | Amico devi crederci |
Localización | |
Cidade | Roma, Italia |
Pavillón | PalaLottomatica |
Capacidade | 11 200 |
Inauguración | 1960 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (1984) |
Copa Korać | 2 (1986, 1992) |
Liga Italia | 1 (1983) |
Supercopa | 1 (2000) |
virtusroma.it |
A Vitus Roma gañou o seu primeiro e único título da Liga Italiana na temporada 1982−83. Na súa historia cabe destacar a Copa de Europa - como Banco dei Roma - que gañou na tempada 1983−84 na final disputada en Xenebra contra o FC Barcelona. Na final destacaron o base Larry Wright, e os pivotes Clarence Kea e Enrico Gilardi, nun equipo que adestraba Valerio Bianchini. Posteriormente en 1984 venceu na Copa Intercontinental e a Copa Korać en 1986 e en 1992. Nos anos 90 cambiou o nome por Messaggero e incorporou a xogadores como Dino Rađa, Michael Cooper e Roberto Premier. En 2000 venceu a Supercopa de Italia (o seu último trofeo) contra a Virtus Bologna. En 2005 incorporouse ao club Dejan Bodiroga.[1] Tras pasar a maior parte da década de 2000 participando na Euroliga e ser un dos habituais candidatos ao título da Serie A, o club decide por motivos económicos despois da tempada 2014−15 descender de división e disputar a Serie A2. Na temporada 2018−19 o equipo consegue regresar á máxima categoría.
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.