Paddy Moloney (en irlandés: Pádraig Ó Maoldomhnaigh), nado en Donnycarney (Dublín) o 1 de agosto[1] de 1938 e finado o 11 de outubro de 2021, foi un músico da República de Irlanda, líder[2] do grupo folk The Chieftains e produtor de numerosos traballos discográficos. Especialista en bodhrán e en instrumentos de vento, o tin whistle e as gaitas (moi sinaladamente a uillean pipe) foron os máis característicos da súa traxectoria. Gañador cos Chieftains de 6 premios Grammy, acadou o recoñecemento actuando ao longo do planeta (Europa, EE.UU[3]., China[4], Xapón[5]...) e tamén polas súas colaboracións con relevantes músicos e grupos de diversos estilos (Van Morrison[6], Sting, Rolling Stones, Mike Oldfield[7], Ry Cooder, Carlos Núñez[8]...) e a participación na banda sonora[9] de películas de renome.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Infotaula de personaPaddy Moloney
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ga) Pádraig Ó Maoldomhnaigh Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1938 Editar o valor en Wikidata
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 2021 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprodutor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 2021 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica irlandesa e música tradicional Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua irlandesa e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGaita, Uilleann pipes e Tin whistle Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCladdagh Records Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAedin Moloney (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0597232 BNE: XX1297715 Musicbrainz: 604ace11-4af7-4837-8c09-3becc2a822f9 Songkick: 2220397 Discogs: 281048 Allmusic: mn0000743661 WikiTree: Moloney-1266 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Criado preto de Dublín no seo dunha familia de tradición musical, Moloney comezou o seu camiño de virtuosismo como gaiteiro da man de Leo Rowsome[10]. Tras deixar a escola, despois de traballar nunha empresa de materiais de construción -alí coñecería[11] a súa futura esposa, Rita O´Reilly-, valeuse dos ingresos para dar pulo á súa carreira musical. Na década de 1960 ingresou en Ceoltóirí Chualann, grupo tradicional dirixido polo compositor e músico Seán Ó Riada, e dous anos máis tarde fundou The Chieftains, banda cuxo nome se inspirou en textos do poeta irlandés John Montague[12]. A fichaxe polo selo Island Records[13] supuxo a consagración internacional do conxunto irlandés, sempre co seu líder como referente[14] e comunicador durante os concertos.

En Galicia

O artista dublinés relacionouse con grupos folk e colegas músicos de Galicia, especialmente Carlos Núñez, con quen xirou mundialmente[15] chegando a gravar varios traballos discográficos. Á cabeza dos Chieftains frecuentou festivais (Moaña,[16] Santiago de Compostela, Ortigueira)[17][18] e interpretou pezas emblemáticas do folclore e do repertorio nacional galego (Alborada de Veiga, Muiñeira de Chantada, Muiñeira de Freixido, Danza de Cariño...). Paddy Moloney, en representación da banda irlandesa, recibiu (2013) a Medalla Castelao[19] -ex aequo co gaiteiro vigués- como recoñecemento pola divulgación internacional da música galega e celta.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.