From Wikipedia, the free encyclopedia
Michael Gordon Oldfield, nado en Reading (Berkshire) o 15 de maio de 1953, é un músico solista multinstrumental e compositor inglés. O seu estilo é moi amplo, e varía entre o rock ou rock progresivo, a música étnica ou de raíz, a clásica e a electrónica.
Os pais de Mike Oldfield foron Maureen e Raymond Oldfield. A súa irmá Sally e o seu irmán Terry son músicos de éxito por si mesmos, e aparecen en moitos dos seus discos.
Logo das súas primeiras experiencias coa súa irmá Sally, en 1971 Mike Oldfield tratou de encontrar unha discográfica que puidese editar o seu primeiro disco, que constaba dun só tema instrumental (con multitude de instrumentos e quizais na onda do rock progresivo de Pink Floyd), mais todas as casas discográficas o rexeitaron. Foi así como coñeceu a Richard Branson, por entón propietario dunha tenda de música chamada Virgin. Branson inmediatamente aceptou producir o traballo de Oldfield, para o cal este pechouse nun estudio de gravación durante case un ano.
O resultado desta gravación foi a publicación, o 25 de maio de 1972 do primeiro traballo de Oldfield: O Tubular Bells (1972), que foi tamén o primeiro en publicarse baixo o selo Virgin Records. Virgin Records continuou editando os sucesivos traballos de Oldfield ata 1990.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.