From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pacto Kellogg-Briand, tamén coñecido como Pacto de París, por conta da cidade onde foi asinado o 27 de agosto de 1928, foi un tratado internacional "estipulando a renuncia á guerra como un instrumento de política nacional". Fracasou no seu propósito, mais foi significativo no desenvolvemento posterior do dereito internacional. Recibiu o nome do Secretario de Estado dos Estados Unidos de América Frank B. Kellogg e do ministro francés de relacións exteriores Aristide Briand, que rachou o pacto.
Após negociacións, o pacto foi asinado en París no ministerio dos negocios estranxeiros francés por representantes de Australia, Bélxica, Canadá, Checoslovaquia, Francia, Alemaña, India británica, Estado Libre Irlandés, Italia, Xapón, Nova Zelandia, Polonia, Unión Surafricana, Reino Unido.[1][2] e os Estados Unidos. Estabeleceuse que entraría en vigor o 24 de xullo de 1929. Nesa data, as seguintes nacións participaban, ou xa se tiñan aderido en definitiva, ós termos do pacto: Afeganistán, Albania, Austria, Bulgaria, China, Cuba, Dinamarca, República Dominicana, Exipto, Estonia, Etiopía, Finlandia, Guatemala, Hungría, Islandia, Letonia, Liberia, Lituania, Países Baixos, Nicaragua, Noruega, Panamá, Perú, Portugal, Romanía, Unión Soviética, Reino dos serbios, croatas e eslovenos, Siam, España, Suecia e Turquía. Oito estados máis xuntáronse despois desa data (Persia, Grecia, Honduras, Chile, Luxemburgo, Danzig, Costa Rica e Venezuela.[3]) cun total de 54 asinantes. En 1971, Barbados declarou a adhesión ó tratado.[4]
Nos Estados Unidos, o Senado aprobou por longa marxe o tratado, 85–1, tan só co voto contrario do republicano de Wisconsin John J. Blaine.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.