From Wikipedia, the free encyclopedia
Paaliaq é unha pequena lúa irregular de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, John J. Kavelaars, Jean-Marc Petit, Hans Scholl, Matthew J. Holman, Brian G. Marsden, Philip D. Nicholson e Joseph A. Burns nos primeiros días de outubro do 2000[5][6], e déuselle a designación temporal de S/2000 S 2. En agosto do 2003 recibiría o seu nome oficial, Paaliaq, un chaman (de ficción) que aparece no libro The Curse of the Shaman, escrito por Michael Kusugak, quen forneceu a Kavelaars con nomes de xigantes da mitoloxía inuit que serían usados para bautizar outras lúas de Saturno.
Descubrimento[1] | |
---|---|
Descuberta por | B. J. Gladman e o seu equipo. |
Descuberta no | 2000 |
Designación alternativa | Saturno XX |
Características orbitais[2] | |
Eixo semi-maior | 15,200 Gm |
Excentricidade | 0,3631 |
Período orbital | 686,9 d (1,88 a) |
Inclinación | 45,083° * |
Características físicas | |
Diámetro medio | 22 km[3] ** |
Período de rotación | ? |
Albedo | 0,04 [3] asumido |
Cor | vermello B-V=0,86 R-V=0,40[4] |
Tipo espectral | D [4] |
Esta lúa é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Paaliaq ten ó redor de 22 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 15,2 millóns de kms en 687 días. Tamén posúe unha gran proximidade con outras nove lúas, chegando a estar tan só a 10 millas (uns 16 kms) da máis próxima. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro.
Paaliaq amosa un vermello claro coma Siarnaq e Kiviuq, e un espectro infravermello é moi semellante ó destas lúas , o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande[4][7].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.