![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9a/Japanese_Foxtail_millet_02.jpg/640px-Japanese_Foxtail_millet_02.jpg&w=640&q=50)
Paínzo
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
O paínzo ou millo miúdo[1] (que non debe confundirse co Panicum miliaceum, ó que tamén se lle chama millo miúdo[2]), (nome científico Setaria italica) é o segundo cereal máis cultivado e o máis importante de Asia. Ten unha longa historia coma cultivo de gran fino, na China dende hai seis milenios. Noutrora era moi común en Galicia. O millo, que de feito toma o nome desta especie, foi substituíndo ao millo miúdo nos últimos séculos.
Paínzo, millo miúdo | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Mazaroca inmatura | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Setaria italica' (L.) P.Beauv. | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Panicum italicum L. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 1 582 kJ (378 kcal) |
72.8 g | |
Fibra alimentaria | 8.5 g |
4.3g | |
Saturadas | 0.7 g |
Monoinsaturadas | 0.8 g |
Poliinsaturadas | 2.1 g 0.1 g 2.0 g |
11.0 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Riboflavina (B2) | 24% 0.29 mg |
Niacina (B3) | 31% 4.72 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 17% 0.85 mg |
Vitamina B6 | 29% 0.38 mg |
Ácido fólico (B9) | 21% 85 μg |
Vitamina C | 2% 1.6 mg |
Vitamina K | 1% 0.9 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 1% 8 mg |
Ferro | 23% 3.0 mg |
Magnesio | 32% 114 mg |
Manganeso | 76% 1.6 mg |
Fósforo | 41% 285 mg |
Potasio | 4% 195 mg |
Sodio | 0% 5 mg |
Cinc | 18% 1.7 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 8.7 g |
Cobre | 0.8 mg |
Selenio | 2.7 µg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
Ten talos magros, verticais, follosos, e pode acadar os 20 cm. As mazarocas son mestas, pilosas, de 5–30 cm de lonxitude. As sementes, de arredor de 2 mm de diámetro, teñen unha gluma magra, papilosa e doada de tirar; a súa cor varía notabelmente entre as variedades.
A 75 Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas, celebrada en marzo de 2021, declarou o 2023 como o Ano Internacional do Paínzo, polos beneficios que o seu cultivo pode representar en países con condicións climáticas adversas e escasa dispoñibilidade de auga [3].