Partido Socialista Obrero Español
partido político español de centro esquerda / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse.
Suxeriuse que "Partido Socialista Obrero Español en Galicia" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Cristina Narbona Presidenta Pedro Sánchez Secretario Xeral Héctor Gómez Voceira no Congreso dos Deputados Eva Granados Voceiro no Senado |
Mocidades | Xuventudes Socialistas de España |
Filiación internacional | Internacional Socialista, Partido Socialista Europeo |
Historia | |
Fundación | 2 de maio de 1879 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia, socioliberalismo, progresismo, reformismo, federalismo |
Representación | |
Congreso dos Deputados | 120 / 350 |
Senado | 72 / 208 |
Parlamentos autonómicos | 999 / 1.268 |
Presidentes autonómicos | 9 / 19 |
Concelleiros | 22.335 / 67.611 |
Alcaldes | 2.792 / 7.249 |
Europarlamento | 21 / 54 |
Outros datos | |
Sede | Rúa Ferraz, 70 28008 Madrid, España |
Publicación | EnClave Socialista |
Na rede | |
www.psoe.es | |
Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).
Sánchez preside o Goberno de España dende o 1 de xuño de 2018, logo de gañar a moción de censura contra o anterior presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, a consecuencia dunha das primeiras sentenzas de condena da trama Gürtel, que condenou ao Partido Popular.[1]
Preside ademais os gobernos de comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Estremadura e Castela-A Mancha. As súas mocedades son as Xuventudes Socialistas de España e forma parte do Partido Socialista Europeo e da Internacional Socialista.