From Wikipedia, the free encyclopedia
PEN International (coñecido como International PEN ata 2010),[1] tamén chamado PEN internacional ou PEN Club, é unha asociación de escritores fundada en Londres en 1921[2] para promover a amizade e a cooperación intelectual entre os escritores de todo o mundo. Outros obxectivos inclúen promover a literatura, defender a liberdade de expresión e crear unha comunidade internacional de escritores.[3] En 2010, a organización estaba composta por 145 centros en 104 países.[4] Cada centro funciona de xeito autónomo e mantén ligazóns cos demais a través do secretariado internacional PEN. En canto aos membros, están abertos a todos os escritores que publicasen.
PEN International | |
---|---|
Tipo | organización non gobernamental internacional |
Data de fundación | 21 de outubro de 1921 |
Fundador(es) | Catherine Amy Dawson Scott |
Presidente/a | Jennifer Clement (pt) (2015-) |
Premios | Premio Monismanien |
Sede | Londres |
Na rede | |
https://www.pen-international.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dende outubro de 2015, a presidenta é Jennifer Clement, escritora mexicano-estadounidense que foi presidenta de PEN México. É a primeira muller presidenta da organización. PEN é cofundador do premio PEN/Faulkner, creado en 1981.
O PEN International foi fundado o 5 de outubro de 1921 pola escritora inglesa Catherine Amy Dawson Scott. O novelista e dramaturgo inglés John Galsworthy foi o primeiro presidente da organización. Entre os seus primeiros membros estaban Joseph Conrad, Elizabeth Craig, George Bernard Shaw e H. G. Wells.
PEN orixinalmente era un acrónimo de "Poetas, Ensaístas, Novelistas", mais actualmente significa "Poets, Playwrights, Editors, Essayists, Novelists" ("Poetas, Dramaturgos, Editores, Ensaístas, Novelistas"),[5] e inclúe escritores en calquera forma de literatura, como xornalistas e historiadores.
Entre os antigos presidentes de PEN International están Alberto Moravia, Heinrich Böll, Arthur Miller, Mario Vargas Llosa, Homero Aridjis, Jiří Gruša e John Ralston Saul.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.