Otáridos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os otáridos[2] (Otariidae) son unha das tres familias de mamíferos mariños pinnípedes. Comprende 15 especies vivas clasificadas en sete xéneros (outra especie extinguiuse na década de 1950) e denomínanse lobos mariños, leóns mariños ou otarias. Diferéncianse das focas (familia fócidos) en que teñen pequenas orellas e as aletas traseiras están xiradas para adiante, o que lles permite desprazarse ("andando") en terra máis axilmente que as focas. O seu nome procede do grego otarion que significa 'pequena orella'.[3] Os otáridos están adaptados a un estilo de vida semiacuático, alimentándose e migrando na auga, e reproducíndose e descansando na terra ou xeo. Viven desde zonas con temperaturas subpolares, a temperadas e ecuatoriais en augas do Pacífico e océanos do sur e Atlántico. Están ausentes do norte do Atlántico.
Otariidae Rango fósil: Mioceno-Holoceno,[1] desde hai 17,1 millóns de anos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O león mariño australiano Neophoca cinerea | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Otaria flavescens (Shaw, 1800) | |||||||||||||
Xénero | |||||||||||||
Arctocephalus |