explorador e ornitólogo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Friedrich Hermann Otto Finsch, nado o 8 de agosto de 1839 en Warmbrunn, Silesia prusiana (hoxe Cieplice Śląskie-Zdrój, Polonia), e finado o 31 de xaneiro de 1917 en Brunswick, Imperio alemán, foi un etnólogo, naturalista e explorador alemán, coñecido pola súa actuación na breve etapa colonial alemá en Nova Guinea a finais do século XIX.
Nome orixinal | Friedrich Hermann Otto Finsch |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de agosto de 1839 Warmbrunn, Silesia, Reino de Prusia, hoxe Cieplice Śląskie-Zdrój, no voivodato da Baixa Silesia, Polonia |
Morte | 31 de xaneiro de 1917 Brunswick, Imperio alemán |
Director de museo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | prusiana, alemá |
Actividade | |
Campo de traballo | Etnoloxía, Ornitoloxía, natural science (en) , zooloxía, bioloxía e viaxe |
Lugar de traballo | Terra do Imperador Guilherme (pt) Nova Guinea alemá |
Ocupación | biólogo, explorador, ornitólogo, comerciante, etnólogo, naturalista, director de Museo |
Empregador | Städtisches Museum Braunschweig (en) (1904–) Rijksmuseum van Natuurlijke Historie (en) (1898–) Gesellschaft Museum (en) (1864–) |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Finsch |
Familia | |
Cónxuxe | Elisabeth Finsch (1886–valor descoñecido) |
Pai | Moritz Finsch |
Premios | |
Membro da Leopoldina | |
Finsch naceu en Warmbrunn, na Silesia prusiana, o 8 de agosto de 1839. O seu pai tiña unha tenda de moenda de vidro, e dirixía unha escola de debuxo. O sesexo do seu pai era que se convertera en empresario.
Pero á idade de 19 anos viaxou a Bulgaria onde traballou como titor. No seu tempo libre estudou historia natural, e publicou un artigo no Journal fur Ornithologie sobre as aves deste país.
Máis tarde chegou a ser conservador do Museo Holandés de Historia Natural en Leiden.
En 1864 pasou a ser o conservador do Museo de Bremen.
En 1876 acompañou ao zoólogo Alfred Brehm nunha expedición ao Turquestán e ao noroeste da China.
Finsch dimitiu do seu posto de conservador de Museo en 1878 para continuaras súas viaxes. Acompañado pola súa muller, Josephine, visitou Polinesia, Nova Zelandia, Australia e Nova Guinea. Regresou a Alemaña en 1882.[1]
En 1884 volveu a Nova Guinea como Comisionado Imperial de Bismarck, e negociou para que a parte noroccidental da illa, xunto con Nova Bretaña e Nova Irlanda, se converteran nun protectorado alemán. Estas terras foron renomeadas como a Terra do Káiser Guillerme e o Arquipélago Bismarck. A capital do protectorado foi chamada Finschhafen ("O Porto de Finch") na súa honra.[2] A cidade, actualmente coñecida como Finschafen ou Finschaven, está situada no nordeste da actual provincia de Morobe de Papúa Nova Guinea, a 80 km ao leste de Lae, a capital da provincia.[3]
Despois de volver a Berlín, Finsch pasou dous anos como conselleiro da compañía Neuguinea-Kompagnie.
En 1898 foi nomeado conservador das coleccións de aves do Rijksmuseum de Leiden.
Finalmente, en 1904, foi nomeado director do departamento de etnografía do Museo Municipal de Brunswick, cidade na que morreu o 31 de xaneiro de 1917.
A abreviatura Finsch emprégase para recoñecer a Otto Finsch como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.