Operación Triunfo 2018
tempada dun concurso de televisión / From Wikipedia, the free encyclopedia
Operación Triunfo 2018, tamén coñecido polas súas siglas OT 2018, é a décima edición do programa de televisión musical Operación Triunfo de La 1 de Televisión Española. O programa, que conta cunha duración provisional de 91 días, foi estreado o 19 de setembro de 2018, sendo líder de audiencia, cultivando un 20,5% de cota de pantalla en prime time. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia, aínda que, ao longo das semanas, mostrou unha clara tendencia descendente nos seus datos.