Festival de Eurovisión 2019
From Wikipedia, the free encyclopedia
O LXIV Festival de Eurovisión foi a 64ª edición do festival e celebrarase en Tel Aviv, Israel, os días 14, 16 e 18 de maio de 2019, trala vitoria de Netta Barzilai e a súa canción «Toy» no certame de 2018. Foi a terceira ocasión na que Israel acolleu o festival, tras organizar as edicións de 1979 e 1999.
Festival de Eurovisión 2019 Dare to dream | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 14 de maio de 2019 |
Semi-final 2 | 16 de maio de 2019 |
Final | 18 de maio de 2019 |
Anfitrión | |
Presentador(es) | Assi Azar Bar Refaeli Erez Tal Lucy Ayoub |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Produtor executivo | Zivit Davidovich [1] |
Televisión anfitrioa | ![]() |
Participantes | |
Participantes | 41 |
Países que se retiran | Bulgaria Ucraína[a] |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan de 1 a 8 puntos, 10 puntos (aparecen automaticamente nas pantallas), e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.
En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto, no que cada país entrega de 1 a 8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta. |
Canción gañadora | «Arcade», Duncan Laurence
Países Baixos |
Festival de Eurovisión | |
◄2018 2020► |
O lema desta edición foi Dare to dream («Atrevede a soñar»). Este, para Jon Ola Sand, representa «ser valente e ter a confianza suficiente como para actuar no escenario ante unha audiencia mundial e atreverse a soñar con gañar o Festival da Canción de Eurovisión», representando a diversidade, a inclusión, e a unidade.[2]
Organización
Sede do festival
Durante a rolda de prensa da gañadora, o supervisor executivo de Eurovisión, Jon Ola Sand, fixo entrega da invitación de acollida, así como do expediente de organizador do seguinte festival á televisión pública israelí, KAN.
O Primeiro Ministro israelí, Benjamin Netanyahu, declarou na súa conta de Instagram que o Festival de Eurovisión 2019 se celebrará en Xerusalén. Porén, este é un asunto que debe ser confirmado oficialmente pola Unión Europea de Radiodifusión e a televisión de Israel.[3][4]
O Concello da cidade de Xerusalén suxeriu dúas posibles localizacións: o Jerusalem Pais Arena, cunha capacidade de 15.654 espectadores, e o Estadio Teddy Kollek, que podería acoller ata 31.000 espectadores, o cal tería que ser teitado.
A cadea de televisión portuguesa RTP, anfitrioa do Festival de Eurovisión 2018, manifestou a súa capacidade financeira para asegurar a realización do certame en caso de que a UER e o ente público israelí KAN non chegasen a un acordo sobre a sede que asegure a seguridade das delegacións participantes así como de todos os asistentes ao evento.[5]
Trala incerteza creado acerca da elección de Xerusalén como posible sede, provocada pola decisión do goberno dos Estados Unidos de trasladar a súa embaixada á cidade, recoñecéndoa como capital de Israel e provocando un conflito coa Autoridade Palestina, a cidade de Haifa anunciou a presentación dunha candidatura formal, ofrecendo o Estadio Sammy Ofer como recinto potencial. O Estadio Sammy Ofer, con capacidade de 30.000 espectadores, aínda que debería instalarse unha cuberta para acoller o certame.[6] A continuación, anunciouse que se levaría a cabo un proceso de licitación no que, ademais de a Haifa, invitouse a presentar candidatura formal a Xerusalén, Tel Aviv e Eilat.[7] O primeiro ministro Netanyahu declarou entón que o goberno israelí respectaría "calquera decisión" de designación da sede que tome a UER, desdicíndose da súa insistencia anterior por Xerusalén.[8]
Trala inspección por parte da UER dos tres potenciais recintos, o 30 de agosto de 2018 decidiuse que a candidatura de Eilat quedara eliminada, quedando Xerusalén e Tel Aviv como finalistas.[9] O 7 de setembro, a prensa israelí avanzou que o festival se celebraría en Tel Aviv os días 21, 23 e 25 de maio de 2019, aínda que sen oficialización a falta de que a decisión pasara polos distintos estamentos do Estado israelí.[10]
Finalmente, o 13 de setembro de 2018, a UER anunciou que Tel Aviv fora seleccionada como sede.[11]
Cidades candidatas
Cidades finalistas Cidade anfitrioa
Participantes

Semi-Final 1
Orde[12] | País[12] | Artista[12] | Canción[12] | Lingua | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | ![]() |
Tamta | "Replay" | Inglés | 9 | 149 |
02 | ![]() |
D mol | "Heaven" | Inglés | 16 | 46 |
03 | ![]() |
Darude feat. Sebastian Rejman | "Look Away" | Inglés | 17 | 23 |
04 | ![]() |
Tulia | "Pali się" | Polaco, inglés | 11 | 120 |
05 | ![]() |
Zala Kralj & Gašper Šantl | "Sebi" | esloveno | 6 | 167 |
06 | ![]() |
Lake Malawi | "Friend of a Friend" | Inglés | 2 | 242 |
07 | ![]() |
Joci Pápai | "Az én apám" | Húngaro | 12 | 97 |
08 | ![]() |
ZENA | "Like It" | Inglés | 10 | 122 |
09 | ![]() |
Nevena Božović | "Kruna" (Круна) | Serbio[b] | 7 | 156 |
10 | ![]() |
Eliot | "Wake Up" | Inglés | 13 | 70 |
11 | ![]() |
Oto Nemsadze | "Keep on Going" | Xeorxiano[c] | 14 | 62 |
12 | ![]() |
Kate Miller-Heidke | "Zero Gravity" | Inglés | 1 | 261 |
13 | ![]() |
Hatari | "Hatrið mun sigra" | Islandés | 3 | 221 |
14 | ![]() |
Victor Crone | "Storm" | Inglés | 4 | 198 |
15 | ![]() |
Conan Osíris | "Telemóveis" | Portugués | 15 | 51 |
16 | ![]() |
Katerine Duska | "Better Love" | Inglés | 5 | 185 |
17 | ![]() |
Serhat | "Say Na Na Na" | Inglés[d] | 8 | 150 |
Semi-Final 2
Orde[13] | País[13] | Artista[13] | Canción[13] | Lingua | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | ![]() |
Srbuk | "Walking Out" | Inglés | 16 | 49 |
02 | ![]() |
Sarah McTernan | "22" | Inglés | 18 | 16 |
03 | ![]() |
Anna Odobescu | "Stay" | Inglés | 12 | 85 |
04 | ![]() |
Luca Hänni | "She Got Me" | Inglés | 4 | 232 |
05 | ![]() |
Carousel | "That Night" | Inglés | 15 | 50 |
06 | ![]() |
Ester Peony | "On a Sunday" | Inglés | 13 | 71 |
07 | ![]() |
Leonora | "Love Is Forever" | Inglés, francés[e] | 10 | 94 |
08 | ![]() |
John Lundvik | "Too Late for Love" | Inglés | 3 | 238 |
09 | ![]() |
PÆNDA | "Limits" | Inglés | 17 | 21 |
10 | ![]() |
Roko | "The Dream" | Inglés, croata | 14 | 64 |
11 | ![]() |
Michela | "Chameleon" | Inglés | 8 | 157 |
12 | ![]() |
Jurij Veklenko | "Run with the Lions" | Inglés | 11 | 93 |
13 | ![]() |
Sergey Lazarev | "Scream" | Inglés | 6 | 217 |
14 | ![]() |
Jonida Maliqi | "Ktheju tokës" | Albanés | 9 | 96 |
15 | ![]() |
KEiiNO | "Spirit in the Sky" | Inglés[f] | 7 | 210 |
16 | ![]() |
Duncan Laurence | "Arcade" | Inglés | 1 | 280 |
17 | ![]() |
Tamara Todevska | "Proud" | Inglés | 2 | 239 |
18 | ![]() |
Chingiz | "Truth" | Inglés | 5 | 224 |
Final
N.º | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
![]() |
S!sters | «Sister» | |||
![]() |
Tamta | «Replay» | |||
![]() |
Zala Kralj & Gašper Šantl | «Sebi» | |||
![]() |
Katerine Duska | «Better Love» | |||
![]() |
Lake Malawi | «Friend of a Friend» | |||
![]() |
Serhat | «Say Na Na Na» | |||
14 | ![]() |
Kobi Marimi | «Home» | ||
![]() |
Kate Miller-Heidke | «Zero Gravity» | |||
![]() |
Zena | «Like It» | |||
![]() |
Miki | «La venda» | |||
![]() |
Victor Crone | «Storm» | |||
![]() |
Bilal Hassani | «Roi» | |||
![]() |
Hatari | «Hatrið mun sigra» | |||
![]() |
Mahmood | «Soldi» | |||
![]() |
Michael Rice | «Bigger than Us» | |||
![]() |
Nevena Božović | «Kruna» |
Outros países
Membros activos da UER
Andorra: o ente público andorrano, RTVA, afirmou o pasado 20 de maio de 2018 que non participaría en Eurovisión 2019, nin noutros eventos da UER, debido ao elevado custo que suporía para a cadea.[14]
Bosnia e Hercegovina: o país non retornará en 2019 debido ao conflito derivado da débeda millonaria da BHRT coa UER.[15]
Luxemburgo: un ano máis a cadea RTL incidiu no seu escaso interese no Festival, cousa que vén facendo desde 1993.[16]
Turquía: o director xeral da TRT deu unha rolda de prensa para tratar o tema de Eurovisión. Nela, Ibrahim Eren fixo unhas declaracións LGTBIfóbicas ao describir o concurso como 'un caos de xénero con representantes tales como Conchita Wurst' e anunciou que non voltarán ata que 'se restablezan os valores normais do concurso'. A UER publicou un comunicado apuntando a que 'están seguros de que Turquía poderá achegar modernidade de novo no futuro'.[17]
Países que non son membros da UER
Liechtenstein: 1FLTV, o ente público do país anunciou en novembro de 2017 que "estaba a considerar" o debut do principado en 2019, usando o Liechtenstein Music Contest como formato para escoller representante.[18] Finalmente, o pasado 26 de xullo o Goberno anunciou que o país non debutará, debido á recente morte do seu director.[19]
Nota
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.