From Wikipedia, the free encyclopedia
Os odonatópteros (Odonatoptera) son unha superorde (ás veces tratada como orde) de antigos insectos alados, situado dentro dos Palaeoptera, que, non obstante, probablemente forman un grupo parafilético. As libélulas e os cabalos do demo son os únicos membros vivos deste grupo, que era moito máis diverso no Paleozoico tardío e contiña especies xigantes, incluídas as coloquialmente chamadas "libélulas xigantes", aínda que estas non eran verdadeiras libélulas en sentido estrito, da orde Protodonata. Esta liñaxe data polo menos do Bashkiriano, aproximadamente hai 320 millóns de anos.[1]
Odonatópteros Rango fósil: Carbonífero tardío - Holoceno (310 millóns de anos-0) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A especie xigante Meganeura monyi viviu hai uns 300 millóns de anos. Era tan grande coma un corvo. | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Ordes | |||||||||
Ver texto | |||||||||
Sinonimia | |||||||||
Campylopterodea Rohdendorf, 1962 |
Hai pouco consenso sobre as relacións dos Odonatoptera. O que é seguro é que son un clado de insectos alados que están fóra dos Neoptera. Pero as análises de varios autores deron lugar a algunha de tres posibles filoxenias mutuamente exclusivas, ou algunhas variantes delas. A filoxenia menos problemática (desde un punto de vista taxonómico) é que os Odonatoptera son o taxon irmán dos Ephemeropteroidea (a liñaxe das efémeras), e que os Palaeodictyopteroidea son ou o seu taxon irmán ou unha ensamblaxe basal, todos dentro dun Paleoptera monofilético. Pero hai poucas análises recentes que apoien isto. Máis ben parece cada vez máis probable que os Odonatoptera son o taxon irmán dos Neoptera, o que fai os "Palaeoptera" un grupo parafilético. O terceiro punto de vista sitúa a liñaxe das efémeras como un taxon irmán dos Neoptera, e os Odonatoptera serían os insectos alados máis primitivos; pero isto tivo pouco apoio nas décadas recentes.[2][3]
Mentres que a subdivisión interna desta superorde é suxeito de moitas discusións e está lonxe de estar resolta, polo menos as divisións feitas grosso modo parecen ser bastante estables polo de agora. Xeralmente recoñécense seis ordes, e dúas familias incertae sedis e unha "familia" adicional que case seguro non é monorfilética. Ordenadas desde a máis ancestral á máis avanzada, estas son:
Nalgunhas clasificacións os Odonata amplíanse para incluír todos estes taxons coa excepción dos "Erasipteridae", Geroptera e Protodonata; este grupo é tratado como un clado sen categorizar chamado Odonatoclada. Cando os Odonata se definen de forma pouco precisa, utilízase o termo Odonatoidea en vez de "Odonatoptera".[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.