Corvus
xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Corvus é un xénero de aves da orde das paseriformes, o tipo da familia dos córvidos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Corvus (homónimos).
Corvus Corvos e especies similares Rango fósil: mioceno medio – actualidade (17 Ma - 0 Ma) | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Corvus brachyrhynchos (Corvo norteamericano) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
O xénero comprende máis de 40 especies distribuídas por todos o continentes, agás en Suramérica e nalgunhas illas oceánicas, e que son coñecidas vulgarmente, na súa maioría, como corvos,[1] pero outras tamén co nome de grallas.[2]
As especies deste xénero parece que evolucionaron en Asia Central, desde onde estenderon o seu territorio a Norteamérica (incluído México), África, Europa e Australia.[3]
Características
Para seren paxaros, son aves grandes ou medianas, oscilando o seu tamaño, desde as máis pequenas, desde a gralla cereixeira (hoxe clasificada como Coloeus monedula, que é do tamaño dunha pomba), até o corvo grande da rexión holártica, que mide entre os 52 e os 69 cm de lonxitude e pesa desde os 0,69 aos 1,7 kg.
As especies de Corvus son todas de cor negra ou negra cunha pquena parte da súa plumaxe gris ou branca. Son repoludos, e teñen peteiros grosos e fortes patas.
O seu dimorfismo sexual é moi escaso.[4]
Investigacións recentes descubriron que algunhas especies de corvos son quen de empregar ferramentas para diferentes usos.[5] Ademais, son considerados uns dos animais máis espelidos da terra,[6] cun coeficiente intelectual semellante ao que amosan certos primates.[7]
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 105,[8] do volume I da 10ª edición do seu Systema Naturae.[9]
Etimoloxía
Linneo elixiu para o nome do xénero o termo do latín clásico corvus, -i, nome co que os antigos romanos designaban ao corvo grande.
Especies
Na actualidae, dentro do xénero recoñécense as seguintes especies:[10][11]
- Corvus albicollis Latham, 1790
- Corvus albus Statius Muller, 1776
- Corvus bennetti North, 1901
- Corvus brachyrhynchos C. L. Brehm, 1822
- Corvus capensis Lichtenstein, 1823
- Corvus caurinus S. F. Baird, 1858
- Corvus corax Linnaeus, 1758
- Corvus cornix Linnaeus, 1758
- Corvus corone Linnaeus, 1758
- Corvus coronoides Vigors & Horsfield, 1827
- Corvus crassirostris Rüppell, 1836
- Corvus cryptoleucus Couch, 1854
- Corvus culminatus Sykes, 1832
- Corvus edithae Lort Phillips, 1895
- Corvus enca (Horsfield, 1821)
- Corvus florensis Büttikofer, 1894
- Corvus frugilegus Linnaeus, 1758
- Corvus fuscicapillus G. R. Gray, 1859
- Corvus hawaiiensis Peale, 1848
- Corvus imparatus J. L. Peters, 1929
- Corvus insularis Heinroth, 1903
- Corvus jamaicensis Gmelin, 1788
- Corvus kubaryi Reichenow, 1885
- Corvus leucognaphalus Daudin, 1800
- Corvus levaillantii Lesson, 1831
- Corvus macrorhynchos Wagler, 1827
- Corvus meeki Rothschild, 1904
- Corvus mellori Mathews, 1912
- Corvus minutus Gundlach, 1852
- Corvus moneduloides Lesson, 1831
- Corvus nasicus Temminck, 1826
- Corvus orru Bonaparte, 1850
- Corvus ossifragus A. Wilson, 1812
- Corvus palmarum Württemberg, 1835
- Corvus rhipidurus Hartert, 1918
- Corvus ruficollis Lesson, 1831
- Corvus sinaloae L. I. Davis, 1958
- Corvus splendens Vieillot, 1817
- Corvus tasmanicus Mathews, 1912
- Corvus torquatus Lesson, 1831
- Corvus tristis Lesson & Garnot, 1827
- Corvus typicus (Bonaparte, 1853)
- Corvus unicolor (Rothschild & Hartert, 1900)
- Corvus validus Bonaparte, 1850
- Corvus violaceus Bonaparte, 1850
- Corvus woodfordi (Ogilvie-Grant, 1887)
Galería dalgunhas especies galegas
- Corvo grande
(Corvus corax) - Corvo cincento
(Corvus cornix) - Corvo pequeno
(Corvus corone) - Gralla grande
(Corvus frugilegus)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.