![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Les_Oceanides_Les_Naiades_de_la_mer.jpg/640px-Les_Oceanides_Les_Naiades_de_la_mer.jpg&w=640&q=50)
Oceánides
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega (e na romana), as Oceánides (en grego Ὠκεανίδες Okeanídes, plural feminino de Ὠκεανίς Okeanís; en latín Oceanides) eran unhas ninfas fillas de Océano e Tetis.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Les_Oceanides_Les_Naiades_de_la_mer.jpg/640px-Les_Oceanides_Les_Naiades_de_la_mer.jpg)
Eran irmás dos Oceánidas, deuses dos ríos, e cada unha delas estaba asociada a unha fonte, estanque, río, lago ou lagoa. Uníronse con deuses e homes mortais e tiveron innumerables fillos.
Hesíodo, na súa Teogonía, di claramente que as oceánides eran tres mil, porén só nomea as 41 máis antigas, entre as que destaca a Estixia, como a máis importante de todas.
Tamén enxendrou [Tetis, de Océano] unha sagrada estirpe de fillas que na terra, coa tutela do soberano Apolo e dos Ríos, educan ós meniños para que sexan homes, por haber recibido de Zeus esta misión. ... Estas son as maiores das fillas que naceron do Océano e Tetis, pero hai moitas outras, pois tres mil son as Oceánides de finos nocellos que, moi diseminadas, coidan da terra e das profundidades do mar por todas partes por igual, brillantes fillas de deusas".(Hesíodo: Teogonía 346-367)
Pseudo-Apolodoro namais nomea a sete.
"Os descendentes dos Titáns foron: de Océano e Tetis, as Oceánides: Asia, Estixia, Electra, Doris, Eurínome, Anfítrite e Metis".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 2, 2)
O texto de Hixino está danado nalgunhas partes, o que fai que algúns nomes das Oceánides sexan incertos, como *Iaea, *Lyris, *Clintenneste, *Teschinoeno [1].