From Wikipedia, the free encyclopedia
Caio Xulio Hixino, nado o -64 e finado no ano 17, foi un escritor latino, nativo, segundo Suetonio, de Hispania ou de Alexandría. Foi liberto de Augusto e estivo á fronte da Biblioteca Palatina de Roma, en cuxas aulas exerceu o ensino da filosofía.
Nome orixinal | (la) Caius Iulius Hyginus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Caius Iulius Iginus c. 64 a. C. Hispania |
Morte | 17 (79/80 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Ocupación | escritor, astrónomo, poeta, mitógrafo, gramático |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Grazas ao seu talento acadou certo recoñecemento e puido relacionarse con gran número de personaxes notables, malia a súa humilde condición de liberto. En canto á Antigüidade romana, chegou a ser escoitado como un oráculo, tal era a profundidade e extensión do coñecemento que desta época tiña. Este respecto e admiración pola súa saber durou con intermitencias até os séculos XVI e XVII en que os estudosos entraron en sisudas e longas controversias ao redor de obras que naquel entón se consideraban de Hixino.
Ocupouse de todas as materias que abranguen o saber da súa época: historia, ciencia, filosofía e literatura, relixión, astronomía e astroloxía. Como obras históricas cómpre salientar un libro sobre a vida de homes ilustres, outro sobre cidades de Italia e un terceiro sobre as familias troianas. Como obra científica sobresae unha de agricultura na que estuda entre outras cousas, as abellas, os cuadrúpedes, as aves e os insectos volátiles.
Polo seu traballo relativo á listaxe das estrelas das constelacións en Astronomía poética, en 1935 decidiuse na súa honra chamarlle «Hyginus» a un astroblema lunar.
Adóitase atribuír a Caio Xulio Hixino un libro chamado Fábulas que contén 277 relatos curtos de mitoloxía e outro libro de catasterismos titulado Astronómica poética. Un testemuño arqueolóxico que apoia esta identificación é unha copa de prata da época de Augusto que contén a representación das fábulas 120 e 121. Algúns críticos, porén, atribúen estas dúas obras a un autor diferente que denominaron simplemente Hixino (Hyginus) que probablemente pertencería á época dos Antoninos (século II).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.