Eran irmás dos Oceánidas, deuses dos ríos, e cada unha delas estaba asociada a unha fonte, estanque, río, lago ou lagoa. Uníronse con deuses e homes mortais e tiveron innumerables fillos.
Hesíodo, na súa Teogonía, di claramente que as oceánides eran tres mil, porén só nomea as 41 máis antigas, entre as que destaca a Estixia, como a máis importante de todas.
Tamén enxendrou [Tetis, de Océano] unha sagrada estirpe de fillas que na terra, coa tutela do soberano Apolo e dos Ríos, educan ós meniños para que sexan homes, por haber recibido de Zeus esta misión. ... Estas son as maiores das fillas que naceron do Océano e Tetis, pero hai moitas outras, pois tres mil son as Oceánides de finos nocellos que, moi diseminadas, coidan da terra e das profundidades do mar por todas partes por igual, brillantes fillas de deusas".
"Os descendentes dos Titáns foron: de Océano e Tetis, as Oceánides: Asia, Estixia, Electra, Doris, Eurínome, Anfítrite e Metis".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 2, 2)
O texto de Hixino está danado nalgunhas partes, o que fai que algúns nomes das Oceánides sexan incertos, como *Iaea, *Lyris, *Clintenneste, *Teschinoeno [1].
Acasta
Admete
Aetra
Amaltea
Anfiro
Anfítrite – xeralmente considerada como unha Nereida en lugar dunha Oceánide.
Anquiroe
Antracia - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].