filme de 1972 dirixido por Bruce Lee From Wikipedia, the free encyclopedia
O furor do dragón (en chinés: 猛龍過江, e chinés simplificado 猛龙过江), é un filme producido en Hong Kong estreado en 1972. Foi escrito, producido e dirixido por Bruce Lee, quen tamén é o protagonista. O resto do elenco está formado por Nora Miao, Chuck Norris, Robert Wall e Hwang In-Shik.
O furor do dragón | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 猛龙过江 - Měng Lóng Guò Jiāng |
Director | Bruce Lee |
Produtor | Raymond Chow Bruce Lee |
Guión | Bruce Lee |
Intérpretes | Bruce Lee Nora Miao Chuck Norris Hwang In-Shik Robert Wall Paul Wei Wang Chung-hsin |
Música | Joseph Koo |
Fotografía | Tadashi Nishimoto |
Montaxe | Peter Cheung |
Distribuidora | Golden Harvest Fortune Star Media (Internacional) |
Estrea | 30 de decembro de 1972 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Hong Kong |
Xénero | Acción |
Orzamento | HK$130 000 (estimado) |
Na rede | |
https://www.miramax.com/movie/the-way-of-the-dragon/ | |
Tang Lung (Bruce Lee) chega a Roma para axudar a unha amiga da familia, Chen Ching Hua (Nora Miao), ameazada por uns mafiosos locais que queren facerse co seu restaurante. Pouco despois da chegada de Tang, os criminais irrompen no restaurante coa intención de obrigar a Chen a asinar a venda da súa propiedade. Despois de que se risen do estilo de combate da China, un furioso Tang reta ós matóns e derrótaos nunha excelente exhibición de artes marciais. Logo de fracasar no seu afán de asasinar a Tang, o cerebro da banda contrata a Colt (Chuck Norris), un campión americano de karate, no derradeiro intento de acabar con el. Tang enfrontarase co americano no mítico Coliseo de Roma no que loitarán como gladiadores nun lendario combate a morte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.