From Wikipedia, the free encyclopedia
O final da escapada (en francés: À bout de souffle) é un filme francés de 1960 dirixido por Jean-Luc Godard e protagonizado por Jean-Paul Belmondo, Jean Seberg, Daniel Boulanger e Jean-Pierre Melville e con fotografía en branco e negro de Raoul Coutard.
O final da escapada | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | À bout de souffle |
Director | Jean-Luc Godard |
Produtor | Georges de Beauregard |
Guión | Jean-Luc Godard |
Baseado en | idea orixinal de François Truffaut Claude Chabrol (sen acreditar) |
Intérpretes | Jean-Paul Belmondo Jean Seberg |
Música | Martial Solal |
Fotografía | Raoul Coutard |
Montaxe | Cécile Decugis |
Distribuidora | UGC |
Estrea | 16 de marzo de 1960 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Francia |
Orzamento | 400 000 FRF |
Recadación | 67 464 $ 2 082 760 entradas (Francia)[1] |
Na rede | |
Foi a primeira longametraxe de Godard e o descubrimento de Belmondo como actor. O final da escapada foi unha das primeiras e máis influentes obras da nouvelle vague.[2] Xunto con Les Quatre Cents Coups, de François Truffaut e Hiroshima, mon amour, de Alain Resnais, estreadas o ano anterior, impulsou a valoración internacional do novo estilo. No seu momento atraeu moita atención polo seu estilo visual audaz, que incluía saltos na montaxe non convencionais.
Michel (Jean-Paul Belmondo) é un delincuente que, tras roubar un coche en Marsella, emprende viaxe cara a París para cobrar un diñeiro que se lle debe e volver ver a súa amiga estadounidense, Patricia (Jean Seberg). No camiño, perseguido pola policía de tráfico, mata un axente. Chega a París, mais non ten cartos, polo que recorre a varios amigos.
Pasa o tempo con Patricia, intentando convencela de que volva deitarse con el e que o acompañe a Roma. Os dous van dun lugar ao outro, mentres Michel trata de recuperar o seu diñeiro e ocultarse da policía.
O final da escapada non tivo guión. A historia está baseada vagamente nun artigo que François Truffaut leu en The News in Brief. A personaxe de Michel Poiccard está inspirado no real Michel Portail e na súa moza estadounidense, a xornalista Beverly Lynette. En novembro de 1952 Portail roubou un coche para visitar a súa nai enferma en Le Havre e acabou matando un policía chamado Grimberg.[5] Truffaut traballou no tratamento da historia con Claude Chabrol, pero acabaron desbotando a idea cando non puideron acordar a estrutura da historia. Godard lera ese tratamento, gustáralle e quería realizar o filme. Escribiu unha vaga guía de filmación que abandonou axiña para confiar na improvisación.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.