O Val, Narón
parroquia civil do concello de Narón / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María a Maior do Val é unha parroquia rural, que se localiza no noroeste do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.722 habitantes (859 mulleres e 863 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.602 habitantes. A súa densidade poboación é de 132 hab/km².
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Val.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
O Val | |
---|---|
Igrexa de Santa María a Maior do Val. | |
![]() | |
Concello | Narón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°33′22″N 8°12′47″O |
Área | 13 km² |
Poboación | 1.804 hab. (2017) |
Densidade | 138,77 hab./km² |
Entidades de poboación | 38[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Ten unha superficie de 13 km², o que a converte na meirande do concello. Limita ó norte co océano Atlántico, ó sur coas parroquias de Trasancos e Castro, ó leste co concello de Valdoviño e ó oeste co concello de Ferrol.
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.