Trasancos, Narón
parroquia civil do concello de Narón / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Mateo de Trasancos é unha parroquia rural, situada ao oeste do concello de Narón na provincia da Coruña, e ten unha extensión de 9,75 km². Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 796 habitantes (416 mulleres e 380 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 791 habitantes. A densidade da poboación é de 81,64 hab/km².
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Trasancos.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Trasancos | |
---|---|
Igrexa de San Mateo de Trasancos. | |
![]() | |
Concello | Narón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°31′57″N 8°12′47″O |
Área | 9,75 km² |
Poboación | 765 hab. (2017) |
Densidade | 78,46 hab./km² |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.