Nova Política Económica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Nova Política Económica (NEP)[1] (en ruso: Новая экономическая политика (НЭП), trans. Nóvaya ekonomícheskaya polítika) foi unha política económica proposta por Vladimir Lenin, á que denominou como capitalismo de Estado. Permitindo o establecemento dalgunhas empresas privadas, a NEP permitiu que por exemplo as pequenas empresas de animais ou comercios de tabaco, volvesen abrir para o beneficio privado mentres que o Estado seguía controlando o comercio exterior, os bancos e as grandes industrias.
Foi oficialmente decidido no curso do X Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética.[2] Promulgouse por decreto o 21 de marzo de 1921, "Na substitución da Prodrazvyorstka pola Prodnalog" (é dicir, en substitución das requisiciones de produtos alimenticios por un imposto fixo nos produtos alimenticios). En esencia, o decreto esixía que os agricultores lle cedesen ao Goberno unha cantidade específica de materia prima agrícola como un imposto en especie. Outros decretos perfeccionaron a política e expandírona para incluír a algunhas industrias. A Nova Política Económica foi substituída polo Primeiro Plan Quinquenal de Stalin en 1928.