Nocardia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nocardia é un xénero de bacterias de forma bacilar que presentan unha tinguidura feble grampositiva, e son catalase positivas. Forman filamentos "de doas" ramificados (no que se parece a un fungo malia ser unha bacteria). Son parcialmente ácido resistentes (resisten a decolaración con ácidos na tinguidura) o que explica a súa feble tinguidura grampositiva. O xénero comprende un total de 30 especies, 10 das cales foron illadas nos humanos. Algunhas especies non son patoxénicas e outras son responsables de nocardiose.[1] Nocardia encóntrase en todo o mundo nos solos ricos en materia orgánica. Ademais, pertencen á microflora oral que se encontra nas enxivas sas e nas bolsas periodontais das enxivas enfermas. A maioría das infeccións por Nocardia adquírense por inhalación das bacterias ou por algunha introdución traumática.
Nocardia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nocardia asteroides (colonias amarelas). | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
N. aerocolonigenes |