From Wikipedia, the free encyclopedia
As Nocardiáceas (Nocardiaceae) son unha familia de bacterias aerobias, grampositivas de elevado contido GC, da orde Actinomycetales, que se encontran comunmente no solo e na auga.[1] Illáronse membros desta familia nos solos antárticos.[2] As Nocardiaceae poden ser cocobacilos, bacterias filamentosas, ou, máis raramente, formas fragmentadas e palisadas, e as especies filamentosas crecen seguindo un patrón morfoloxicamente ramificado similar ás hifas dos fungos.[3]
Nocardiaceae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colonias de Nocardia asteroides | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
Nocardia |
As Nocardiaceae forman un clado monofilético dentro da súa orde tanto nas árbores filoxenéticas baseadas nos ARNr 16S coma en proteínas.[4][5] Identificáronse nelas varios indeis sinatura conservados e proteínas sinatura conservadas, que só se atopan nos xéneros Nocardia e Rhodococcus, o que apoia que existe unha estreita relación entre eses dous xéneros.[5] Fixéronse recentemente propostas baseadas en nucleótidos sinatura do ARNr 16S e marcadores quimiotaxonómicos, para engadir á familia Nocardiaceae os xéneros Gordonia, Skermania, Williamsia, Millisia, e Smaragdicoccus.[4][6] Porén, non se encontraron nestes xéneros indeis sinatura conservados nin proteínas comúns ás compartidas xeralmente por Nocardia, Rhodococcus e Gordonia, que son os membros co xenoma completamente secuenciado na revisión proposta das Nocardiaceae.[5]
Alogunhas especies colonizan os animais, e membros de Nocardia e Rhodococcus poden causar infeccións en humanos e gando.[7][8] Moitos membros desta familia teñen ácidos micólicos integrados na súa parede celular, e como resultado as Nocardia spp. poden ser confundidas con micobacterias cando se observan ao microscopio despois de facerlles a proba da resistencia a ácido-alcohol (acid-fastness).[9]
As especies de Nocardia son con frecuencia responsables da acumulación de escuma que se produce nos lodos activados durante o tratamento de augas residuais.[3][10][11][12] As escumas biolóxicas poden ser un problema para o proceso de tratamento de augas, e a súa acumulación redúcese ao engadir surfactantes ás augas residuais.[13][14]
As Nocardiaceae do solo poden degradar hidrocarburos (como os destilados do petróleo) e foron propostas como axentes de biorremediación para tratar verteduras no ambiente.[15]
Na década de 1980, todas as especies de Nocardiaceae que estaban asignadas ao xénero Micropolyspora foron transferidas aos xéneros Nocardia, Nonomuraea da familia Streptosporangiaceae, ou ao Saccharopolyspora da familia Pseudonocardiaceae.[16] Isto supuxo a súa desaparición como xénero con status oficial actual, pero o nome segue aparecendo nos artigos de investigación anteriores a esa data.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.