From Wikipedia, the free encyclopedia
O New-York Tribune, tamén escrito New York Tribune, foi un xornal estadounidense do século XIX e XX, publicado entre 1841 e 1966.
New-York Tribune | |
---|---|
Fundación | 1841 |
Lingua | lingua inglesa |
Localidade | Nova York |
ISSN | 1941-0646 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundado por Horace Greeley como un xornal de centavos do Partido Whig o 10 de abril de 1841.[1] Entre 1842 e 1866, o xornal chamouse New-York Daily Tribune[1] mais, posteriormente, recuperou o nome orixinal. O Tribune non só daba a coñecer as noticias de sucesos diarios, senón que abarcaba tamén temas como a opinión política, obras literarias, reformismo social e diversos logros intelectuais.[2]
Tivo como colaboradores, entre outros, ao caricaturista de charge política Thomas Nast e ao filósofo e economista comunista Karl Marx. Durante a década de 1850 e comezos da década de 1860, Marx escribiu unha serie de artigos para este diario desde Londres. Estes artigos abordaban cuestións europeas e análises políticas, entre elas os artigos recollidos en Revolutionary Spain onde menciona a Galiza en diversas ocasións.[3][4] Outra colaboradora destacada foi Margaret Fuller, a primeira muller en exercer a crítica literaria nun medio de comunicación de masas.
Horace Greeley, a través do Tribune, apoiou os inicios do Partido Republicano.[5] En 1860 o Tribune apoiou a Abraham Lincoln como presidente dos Estados Unidos e durante a Guerra civil estadounidense. Porén, o xornal opúxose á súa reelección en 1864.[1] Durante algún tempo o xornal tivo a maior tirada nos Estados Unidos.[5] Os editoriais do Tribune foron moi lidos e axudaron a dar forma á opinión pública nos Estados Unidos.
Xornal | The Sun | New York Herald | New-York Tribune | The Express | Courier and Enquirer | Journal of Commerce |
---|---|---|---|---|---|---|
Tiraxe en 1850[6] | 55 000 | 32 640 | 19 480 | 10 700 | 5 200 | 4 800 |
En 1924, baixo a dirección do fillo do fundador, Ogden Mills Reid, fusionouse co seu rival New York Herald para formar o New York Herald Tribune. que seguiu sendo dirixido por Ogden Mills até a súa morte en 1947. Seguiu sendo un importante diario dos Estados Unidos até que rematou a súa publicación en 1966.[7]
AS copias dos números do New-York Tribune están dispoñibles en microfilme en moitas bibliotecas grandes dos Estados Unidos e tamén está en liña na Biblioteca do Congreso,[1] onde tamén están os índices de anos determinados de finais do século XIX.Os artigos orixinais se conservan no Centro de Historia Americana da Universidade de Texas en Austin.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.