Nazón de Breogán
From Wikipedia, the free encyclopedia
A expresión Nazón de Breogán (Nación de Breogán segundo a normativa vixente[1]) procede do final da cuarta estrofa do poema Os Pinos de Eduardo Pondal, que constitúe a letra do himno galego, musicado por Pascual Veiga.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fc/Eduardopondal.jpg/175px-Eduardopondal.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/BreoganHercules.jpg/640px-BreoganHercules.jpg)
Dentro da mitoloxía celtista de Pondal, inspirada no Libro das invasións de Irlanda, Breogán (tamén Brigo, Bregon ou Breachdan en irlandés antigo[2]), sería un rei mitolóxico galaico, ou de tempos prehistóricos. No poema, Fogar de Breogán, Nazón de Breogán, Rexión de Breogán e Eidos de Breogán representan a Galiza. A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn. Neste compendio é descrito como o fillo de Brate,[3] e o pai de Ite e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels.
O verso é a personificación nacional de Galiza,[4] sendo mencionado no himno Os Pinos a través de referencias metafóricas como "Fogar" e "Nazón de Breogán".[5] O himno remite a tres nacións sen nomealas cos seus nomes contemporáneos: Galiza, Portugal (a nobre Lusitania ou a boa Lusitánia en versión das Irmandades da Fala) e Irlanda, a onde chegarían as fillas de Breogán, no poema de Pondal, ou o fillo Ith e despois os milesianos (de Mil, neto de Breogán), no Lebor Gabála.[6]