![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Bile_-_IA_Midjourney_versi%25C3%25B3n_1.png/640px-Bile_-_IA_Midjourney_versi%25C3%25B3n_1.png&w=640&q=50)
Bile (mito)
personaxe mitolóxico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bile ou Bilé[1] é un personaxe do Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses (ou gaels) e que tamén está presente nas xenealoxías de John O'Hart, que se basean nesa tradición. É descrito como rei de Galicia, un devanceiro dos gaels, fillo de Breogán e pai de Milesius, tamén chamado Míl Espáine.[2] Míl Espáine é o suposto devanceiro de tódolos irlandeses. Malia que isto é considerado como un mito, a teoría da conquista de Irlanda por pobos provenientes da Península Ibérica en tempos prehistóricos concorda cun estudo xenético elaborado en 2006 na Universidade de Oxford, que concluíu que a maioría da poboación das illas británicas é descendente de granxeiros e pescadores neolíticos orixinarios das rexións norteñas da Península Ibérica.[3]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Bile_-_IA_Midjourney_versi%C3%B3n_1.png/640px-Bile_-_IA_Midjourney_versi%C3%B3n_1.png)