36ª edición da Naisten Liiga From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2017-2018 da Naisten Liiga foi a 36ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 16 de setembro de 2017[1] e concluíu o 4 de marzo de 2018.[2] Pola súa banda os play-offs comezaron o 6 de marzo de 2018 e finalizaron o 4 de abril coa disputa do cuarto partido das finais.
Tipo | Auroraliiga |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Período de tempo | tempada 2017-2018 |
Competición | |
Primeiro posto | Kärpät Naiset |
Ao finalizar a tempada as Kärpät revalidaron o título conquistado a tempada precedente logo de derrotar nas finais (1-3) ao Ilves, proclamándonse campioas por terceira vez na súa historia. Pola súa banda o Team Kuortane fixo historia ao conseguir a súa primeira medalla logo de derrotar ás Blues en Espoo (0-5) no partido polo bronce.[3]
Nesta edición participaron un total de oito equipos e non se produciron descensos ao ampliarse a liga ata os dez equipos para a tempada 2018-19 ascendendo os dous mellores equipos da Mestis.
O 21 de marzo de 2017 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo (Suomen Jääkiekkoliitto) anunciou que para a seguinte tempada "Naisten Liiga" pasaría a ser a denominación da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, co obxectivo de elevar o perfil das grandes ligas femininas, ao adoptar a mesma denominación que a liga profesional masculina, denominada simplemente Liiga. O novo nome, así como o logotipo da competición foron presentados en Helsinqui ese mesmo día.[4]
Logo de que o máximo responsable do Espoo United, Jussi Salonoja, anunciara que o club abandonaría todas as súas actividades en categoría feminina,[5] o futuro do equipo feminino de hóckey sobre xeo mantívose incerto e propuxéronse moias solucións posibles, incluída a adquisición do equipo por parte do HIFK[6] ou a fusión con Espoo Blues Juniorit (un club júnior con fortes vínculos coa franquía).[7]
Finalmente, a menos de dúas semanas para o inicio da competición a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que outorgaría a praza do Espoo United a Ysikoppi ry, un equipo de hóckey sobre xeo feminino que pasou a competir na máxima categoría baixo a denominación de "Espoo Blues",[8] que xa fora empregada polo equipo representativo entre 1998 e 2016, así como polo equipo profesional masculino da cidade de Espoo que competiu na máxima categoría ata a súa disolución por motivos económicos en 2016.
Equipo | 2016–17 | 2017–18 | Detalles |
---|---|---|---|
Pretempada | |||
KJT | Juho Outavaaraa | Mikko Touronen | A finais de abril de 2017 anunciábase que Juho Outavaaraa deixaría de ser o adestrador do KJT para a tempada 2017-18. Outavaaraa fora o adestrador xefe do equipo entre 2015 e 2017, o que o converteu no adestrador máis lonxevo do club. Mikko Touronen pasou a ocupar o posto a partir do primeiro de maio.[9] Touronen viña de dirixir distintos equipos júnior masculinos dos Karhu-Kissat de Helsinqui.[10] |
O 16 de xaneiro de 2018 o portal finlandés especializado en hóckey sobre xeo Jatkoaika.com informaba de que o Servizo Finlandés de Inmigración deportara a xogadora mexicana do KJT María Chávez logo de negarlle o permiso de residencia no país. O KJT ao mesmo tempo perdía a súa outra dianteira mexicana, Bertha González, cuxa solicitude do permiso de residencia aínda estaba en proceso no momento da deportación de Chávez pero que decidiu viaxar xunto coa súa compatriota. A decisión do Servizo Finlandés de Inmigración levou ao KJT a iniciar unha iniciativa cidadá para mudar a lei de inmigración do país e así facilitar que atletas de fóra de Europa puidesen xogar e adestrar sen precisar dun contrato de traballo durante a súa estadía no país nórdico.[11]
A tempada 2017-18 comezou co "avausturnaus" (en galego "torneo de abertura") no Tesoman jäähalli de Tesoma (Tampere),[lower-alpha 1] disputado durante o sábado 16 e o domingo 17 de setembro de 2017, e no que se reuniron todos os equipos participantes na liga, o que supuxo dous xogos adicionais ao calendario da liga. O torneo naceu para darlle unha maior visibilidade á liga para poder conseguir un público maior e maiores investimentos económicos que puideran mellorar as condicións das xogadoras, dentro da estratexia da dirección do hóckey feminino, creada na tempada precedente do campionato finlandés por representantes dos clubs e da federación, de facer a competición máis atractiva e competitiva, reunindo talento autóctono e foráneo.[12][13][14]
A liga constou dunha liga regular iniciada co "torneo de abertura" e finalizada o 4 de marzo de 2018, na que se xogaron un total de 30 partidos, o que supuxo que cada equipo enfrontouse contra o resto a cuádrupla volta, ademais dos dous partidos disputados na fin de semana inicial.[15][16]
Ao finalizar a liga regular os seis primeiros clasificados disputaron os play-offs. Os dous primeiros equipos da táboa clasificáronse directamente para as semifinais, mentres que os catro restantes tiveron que disputar os cuartos de final.[15] Todas as eliminatorias disputáronse ao mellor de cinco partidos, agás a loita pola medalla de bronce entre os equipos perdedores das semifinais, que se disputou a partido único.[16]
Os dous últimos clasificados non tiveron que disputar fase de permanencia, xa que a liga ampliou o número de equipos participantes ata os 10 para a tempada 2018-19 ascendendo aos dous mellores equipos da Mestis.[15][16]
Na primeira tempada baixo a denominación de Naisten Liiga tomaron parte na competición un total de oito equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, cando a competición aínda era denominada Naisten SM-sarja.[17] Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (Blues e KJT), o resto de equipos eran das rexións de Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Satakunta, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa. Cinco dos equipos participantes compartían os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HPK, Ilves, KalPa, Kärpät e Lukko).
Nome | Cidade | Estadio | Adestrador/a | Capitá |
---|---|---|---|---|
Blues | Espoo | Tapiola 2 | Sami Haapanen[18] | Minnamari Tuominen[19] |
HPK | Hämeenlinna | HML hh | Marko Rahikainen[20] | Jutta Stoltenberg[21] |
Ilves | Tampere | Tesoman jäähalli | Mari Saarinen[22] | Linda Välimäki[23] |
KalPa | Kuopio | Niirala | Marjo Voutilainen[18] | Johanna Juutilainen[24] |
KJT | Kerava | Keravan jäähalli | Mikko Touronen[18] | Johanna Kemppainen[25] |
Kärpät | Oulu | Raksila | Mira Kuisma[26] | Isa Rahunen[27] |
Lukko | Rauma | Rauma 1 Rauma 2 |
Hannu Roos[18] | Tiia Koskinen[28] |
Team Kuortane | Kuortane | Kuortaneen jäähalli | Jari Risku[3] | Sini Karjalainen[29] |
A tempada da Naisten Liiga comezou co torneo de abertura celebrado no Tesoman jäähalli de Tampere, que abriu de novo as súas portas logo de dous anos nos que foi demolido por problemas de humidades e reconstruído conn capacidade para unhas 1 500 persoas.[30][31] O partido inaugural enfrontou ás xogadoras locais do Ilves co HPK de Hämeenlinna, que se decidiu do lado das visitantes 2-4. O primeiro gol da liga coa súa nova denominación foi obra de Anniina Kaitala no minuto 12:51.[30]
O HPK foi o primeiro equipo en encabezar a competición logo de gañar os seus dous encontros do torneo de abertura, sendo o único equipo que foi quen de sumar tres puntos en cada un dos partidos do torneo.[32] Con todo, logo do parón internacional de outubro e da disputa dos seis primeiros encontros foron as xogadoras do Kärpät e do Ilves as que se fixeron co mando da liga regular,[33] que mantiveron logo de superar o ecuador da tempada, se ben o Ilves contaba cunha ampla vantaxe sobre as xogadoras de Oulu.[34][35]
Entre o 10 e o 22 de febreiro de 2018 tiveron lugar os Xogos Olímpicos de Inverno na cidade surcoreana de Pyeongchang, polo que 12 xogadoras se ausentaron da competición ligueira para xogar coa selección finlandesa,[36] que acabaría por colgarse a medalla de bronce,[37] aínda que moitas xogadoras uníronse aos seus equipos de inmediato para disputar os derradeiros enfrontamentos da liga regular.[38]
Logo de 28 partidos xogados o Ilves asegurouse a primeira posición da táboa na liga regular aproveitando tamén a derrota das Kärpät na casa fronte o Team Kuortane. Deste xeito as de Tampere entraron nas series polo título directamente nas semifinais.[38][39] Finalmente, á conclusión da liga regular a loita pola segunda posición entre as Espoo Blues e as Kärpät decantouse do lado das de Oulu. A clasificación final amosou unha clara distinción entre os equipos clasificados para as series e os dous últimos clasificados, xa que o sétimo clasificado (Lukko, que conseguiu o obxectivo de non finalizar na derradeira posición) tan só conseguiu 9 puntos, isto é 38 puntos menos que o equipo que o precedeu na táboa (KalPa), e o pechacancelas KJT conseguiu tan só 3 puntos, mentres que entre o primeiro e o sexto houbo unha diferenza de 28 puntos, que se reduciron a 9 con respecto do terceiro, 6 co cuarto, e 5 co quinto clasificado.[40][41]
Durante a liga regular Riikka Noronen converteuse na máxima puntuadora histórica do campionato feminino finlandés ao superar os 600 puntos,[42] mentres que Johanna Koivula superou a barreira dos 500 partidos xogados e os 200 goles anotados.[43]
Fonte: Leijonat.fi[44]
Liga regular | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Data | Estadio | Local | Marcador | Visitante | OT | Aud. | Notas | Ref. | ||
16 de setembro | Tesoma 1 | HPK | 4–2 | Ilves | 220 | Anniina Kaitala anota o primeiro gol da Naisten Liiga. | [R 1] | |||
Tesoma 2 | KJT | 2–1 | Lukko | 40 | [R 2] | |||||
Tesoma 1 | KalPa | 5–2 | Team Kuortane | 125 | [R 3] | |||||
Tesoma 1 | Blues | 2–3 | Kärpät | 120 | [R 4] | |||||
17 de setembro | Tesoma 1 | Kärpät | 5–4 | KalPa | OT | 110 | [R 5] | |||
Tesoma 2 | Team Kuortane | 6–0 | KJT | SO | 50 | Shutout rexistrado por Oona Mäki (1). | [R 6] | |||
Tesoma 1 | Ilves | 6–2 | Blues | 230 | Tres goles de Linda Välimäki. | [R 7] | ||||
Tesoma 1 | Lukko | 0–5 | HPK | 90 | Shutout rexistrado por Meeri Räisänen (1) | [R 8] | ||||
22 de setembro | Kerava | KJT | 0–9 | Blues | 78 | Shutout rexistrado por Jenna Silvonen (1) | [R 9] | |||
23 de setembro | Tapiola 2 | Blues | 1–2 | HPK | 100 | [R 10] | ||||
Tesoma 1 | Ilves | 4–3 | KalPa | 95 | [R 11] | |||||
Raksila | Kärpät | 1–4 | Team Kuortane | 185 | [R 12] | |||||
Rauma | Lukko | 1–3 | KJT | 60 | [R 13] | |||||
24 de setembro | HML hh | HPK | 2–3 | Ilves | OT | 90 | [R 14] | |||
Kuortane | Team Kuortane | 7–4 | Lukko | 52 | [R 15] | |||||
Niirala | KalPa | 0–3 | Kärpät | 102 | Shutout rexistrado por Susanna Airaksinen (1). | [R 16] | ||||
30 de setembro | Tesoma 1 | Ilves | 8–1 | Lukko | 85 | Catro goles de Linda Välimäki. | [R 17] | |||
Niirala | KalPa | 5–2 | KJT | 56 | [R 18] | |||||
Kuortane | Team Kuortane | 2–6 | Blues | 53 | [R 19] | |||||
Raksila 2 | Kärpät | 4–0 | HPK | 95 | [R 20] | |||||
1 de outubro | Niirala | KalPa | 3–4 | HPK | 91 | [R 21] | ||||
Raksila | Kärpät | 16–0 | KJT | 110 | Shutout rexistrado por Anni Keisala (1). Tres goles de Niina Mäkinen. | [R 22] | ||||
Rauma | Lukko | 0–4 | Blues | 50 | Shutout rexistrado por Jenna Silvonen (2). | [R 23] | ||||
Kuortane | Team Kuortane | 0–4 | Ilves | 57 | Shutout rexistrado por Vilma Vaattovaara (1). | [R 24] | ||||
14 de outubro | HML hh | HPK | 6–0 | Lukko | 60 | Shutout rexistrado por Meeri Räisänen (2). | [R 25] | |||
Kerava | KJT | 0–5 | Team Kuortane | 70 | Shutout rexistrado por Oona Mäki (2). | [R 26] | ||||
Tesoma 1 | Ilves | 1–2 | Kärpät | SO | 116 | [R 27] | ||||
Tapiola 2 | Blues | 4–0 | KalPa | 90 | Shutout rexistrado por Jenna Silvonen (3). | [R 28] | ||||
15 de outubro | Tapiola 2 | Blues | 7–1 | Lukko | 65 | [R 29] | ||||
Tesoma 1 | Ilves | 3–1 | HPK | 89 | [R 30] | |||||
Kerava | KJT | 0–6 | KalPa | 60 | Shutout rexistrado por Iina Kuusela (1). | [R 31] | ||||
Kuortane | Team Kuortane | 1–0 | Kärpät | 70 | Shutout rexistrado por Tiia Pajarinen (3). | [R 32] | ||||
21 de outubro | HML hh | HPK | 0–1 | Blues | 61 | Shutout rexistrado por Jenna Silvonen (4). | [R 33] | |||
Niirala | KalPa | 1–4 | Ilves | 143 | [R 34] | |||||
Raksila | Kärpät | 9–1 | Lukko | 95 | [R 35] | |||||
22 de outubro | Tapiola 2 | Blues | 7–4 | Team Kuortane | 72 | [R 36] | ||||
Niirala | KalPa | 5–0 | Lukko | 68 | Shutout rexistrado por Tiina Ranne (1). | [R 37] | ||||
HML hh | HPK | 5–1 | KJT | 50 | [R 38] | |||||
Raksila | Kärpät | 1–5 | Ilves | 140 | [R 39] | |||||
18 de novembro | Tesoma 1 | Ilves | 6–4 | Blues | 75 | [R 40] | ||||
HML hh | HPK | 6–2 | KalPa | 50 | [R 41] | |||||
Kuortane | Team Kuortane | 5–2 | KJT | 45 | [R 42] | |||||
Rauma 2 | Lukko | 0–4 | Kärpät | 40 | Shutout rexistrado por Susanna Airaksinen (2). | [R 43] | ||||
19 de novembro | HML hh | HPK | 2–4 | Kärpät | 50 | [R 44] | ||||
Rauma | Lukko | 2–6 | KalPa | 90 | Catro goles de Matilda Nilsson. | [R 45] | ||||
Tesoma 1 | Ilves | 3–2 | Team Kuortane | SO | 75 | [R 46] | ||||
22 de novembro | Tapiola 2 | Blues | 13–1 | KJT | 75 | Tres goles de Emmi Leinonen e catro de Minnamari Tuominen. | [R 47] | |||
25 de novembro | Niirala | KalPa | 1–6 | Ilves | 67 | Tres goles de Sari Kärnä. | [R 48] | |||
HML hh | HPK | 5–1 | Team Kuortane | 60 | [R 49] | |||||
Raksila | Kärpät | 3–2 | Blues | SO | 136 | [R 50] | ||||
Kerava | KJT | 1–2 | Lukko | 58 | [R 51] | |||||
26 de novembro | Raksila | Kärpät | 2–3 | Ilves | OT | 117 | [R 52] | |||
Rauma 2 | Lukko | 2–7 | Team Kuortane | 60 | [R 53] | |||||
Niirala | KalPa | 5–4 | Blues | SO | 74 | [R 54] | ||||
Kerava | KJT | 0–1 | HPK | 52 | Shutout rexistrado por Inka Kuusinen (1). | [R 55] | ||||
2 de decembro | Rauma 2 | Lukko | 0–5 | Blues | 30 | Shutout rexistrado por Jenna Silvonen (5). | [R 56] | |||
HML hh | HPK | 0–6 | KalPa | 40 | Shutout rexistrado por Iina Kuusela (2). Tres goles de Johanna Juutilainen. | [R 57] | ||||
Kuortane | Team Kuortane | 1–6 | Ilves | 50 | [R 58] | |||||
Kerava | KJT | 2–7 | Kärpät | 49 | [R 59] | |||||
3 de decembro | Tapiola 2 | Blues | 3–2 | Kärpät | SO | 93 | [R 60] | |||
Rauma 2 | Lukko | 2–4 | KalPa | 50 | [R 61] | |||||
Tesoma 1 | Ilves | 14–0 | KJT | 70 | Shutout rexistrado por Vilma Vaattovaara (2). Tres goles de Sari Kärnä. | [R 62] | ||||
Kuortane | Team Kuortane | 0–3 | HPK | 100 | Shutout rexistrado por Meeri Räisänen (3). | [R 63] | ||||
8 de decembro | Tesoma 1 | Ilves | 3–0 | Kuortane | 80 | Shutout rexistrado por Camilla Kortesniemi (1). | [R 64] | |||
9 de decembro | Raksila | Kärpät | 4–1 | HPK | SO | 175 | [R 65] | |||
Rauma 2 | Lukko | 7–1 | JKT | 60 | [R 66] | |||||
Tapiola 2 | Blues | 2–3 | Kuortane | 76 | [R 67] | |||||
10 de decembro | Tapiola 2 | Blues | 5–2 | Lukko | 60 | [R 68] | ||||
Niirala | KalPa | 3–2 | HPK | 83 | [R 69] | |||||
6 de xaneiro | Tapiola 2 | Blues | 1–4 | Ilves | 90 | [R 70] | ||||
7 de xaneiro | Kerava | KJT | 1–3 | Ilves | 80 | [R 71] | ||||
13 de xaneiro | Tapiola 2 | Blues | 7–0 | KJT | 60 | Shutout rexistrado por Jenna Silvonen (6). | [R 72] | |||
Rauma | Lukko | 0–7 | Ilves | 50 | Shutout rexistrado por Vilma Vaattovaara (3). | [R 73] | ||||
14 de xaneiro | Rauma 2 | Lukko | 0–7 | Kärpät | 50 | Shutout rexistrado por Susanna Airaksinen (3). | [R 74] | |||
Tesoma 1 | Ilves | 3–2 | Blues | 110 | [R 75] | |||||
19 de xaneiro | HML hh | HPK | 2–5 | Kärpät | 50 | [R 76] | ||||
20 de xaneiro | HML hh | Blues | 5–1 | HPK | 55 | [R 77] | ||||
Rauma | Lukko | 0–4 | Team Kuortane | 60 | Shutout rexistrado por Neea Pohjamo (1). | [R 78] | ||||
Tesoma 1 | Ilves | 0–3 | Kärpät | 75 | Shutout rexistrado por Johanna Oksman (1). | [R 79] | ||||
Kerava | KJT | 0–10 | KalPa | 70 | Shutout rexistrado por Tiina Ranne (2). Tres goles de Salla Rantanen. | [R 80] | ||||
21 de xaneiro | Tapiola 2 | Blues | 5–1 | KalPa | 90 | [R 81] | ||||
HML hh | HPK | 3–1 | Lukko | 60 | [R 82] | |||||
Tesoma 1 | Ilves | 16–1 | KJT | 65 | Catro goles de Riikka Noronen, tres goles de Anne Tuomanen e Linda Välimäki. | [R 83] | ||||
Kuortane | Team Kuortane | 1–4 | Kärpät | 70 | [R 84] | |||||
27 de xaneiro | Rauma | Lukko | 0–3 | Ilves | 70 | Shutout rexistrado por Vilma Vaattovaara (4). | [R 85] | |||
HML hh | HPK | 5–0 | KJT | 80 | Shutout rexistrado por Meeri Räisänen (4). | [R 86] | ||||
Kuortane | Team Kuortane | 3–0 | KalPa | 50 | Shutout rexistrado por Tiia Pajarinen (4). | [R 87] | ||||
Raksila | Kärpät | 6–3 | Blues | 175 | Tres goles de Jasmin Hulanmäki. | [R 88] | ||||
28 de xaneiro | Niirala | KalPa | 3–4 | Blues | 73 | [R 89] | ||||
Rauma | Lukko | 1–4 | HPK | 70 | [R 90] | |||||
Kuortane | Team Kuortane | 5–1 | KJT | 70 | Shutout rexistrado por Tiia Pajarinen (4). | [R 91] | ||||
2 de febreiro | HML hh | HPK | 2–1 | Ilves | SO | 73 | [R 92] | |||
3 de febreiro | Niirala | KalPa | 5–3 | Team Kuortane | 52 | [R 93] | ||||
Kerava | KJT | 0–3 | Lukko | 56 | Shutout rexistrado por Katriina Saarenmaa (1). | [R 94] | ||||
Tapiola 2 | Blues | 3–4 | Kärpät | SO | 76 | [R 95] | ||||
4 de febreiro | Tesoma 1 | Ilves | 9–0 | Lukko | 65 | Shutout rexistrado por Camilla Kortesiemi (2). | [R 96] | |||
Kerava | KJT | 0–9 | Kärpät | 70 | Shutout rexistrado por Johanna Oksman (2). | [R 97] | ||||
Kuortane | Team Kuortane | 4–0 | HPK | 70 | Shutout rexistrado por Tiia Pajarinen (5). | [R 98] | ||||
10 de febreiro | HML hh | HPK | 5–6 | Blues | SO | 50 | [R 99] | |||
Kuortane | Team Kuortane | 3–2 | Lukko | 50 | [R 100] | |||||
Raksila | Kärpät | 4–5 | KalPa | OT | 147 | [R 101] | ||||
Kerava | KJT | 1–2 | Ilves | 67 | [R 102] | |||||
11 de febreiro | Raksila | Kärpät | 2–6 | KalPa | 135 | [R 103] | ||||
Kerava | KJT | 0–10 | Team Kourtane | 80 | Shutout rexistrado por Neea Pohjamo (2). Tres goles de Jenniina Nylund | [R 104] | ||||
17 de febreiro | Kuortane | Team Kuortane | 7–0 | KalPa | 135 | Shutout rexistrado por Tiia Pajarinen (6). | [R 105] | |||
18 de febreiro | Tuplajäät 1 | KalPa | 0–4 | Team Kuortane | 45 | Shutout rexistrado por Tiia Pajarinen (7). | [R 106] | |||
23 de febreiro | Kerava | KJT | 1–5 | Blues | 43 | [R 107] | ||||
24 de febreiro | Tesoma 1 | Ilves | 4–2 | KalPa | 95 | [R 108] | ||||
Raksila | Kärpät | 2–5 | Team Kourtane | 100 | [R 109] | |||||
Rauma | Lukko | 0–6 | HPK | 50 | Shutout rexistrado por Maija Hassinen-Sullanmaa (1). | [R 110] | ||||
25 de febreiro | Niirala | KalPa | 6–3 | Kärpät | 112 | [R 111] | ||||
Kerava | KJT | 2–6 | HPK | 69 | [R 112] | |||||
3 de marzo | Tesoma 1 | Ilves | 2–1 | HPK | SO | 120 | [R 113] | |||
Raksila | Kärpät | 15–0 | KJT | 120 | Shutout rexistrado por Susanna Airaksinen (4). Tres goles de Saija Tarkki | [R 114] | ||||
Kuortane | Team Kuortane | 2–3 | Blues | 55 | [R 115] | |||||
Niirala | KalPa | 7–1 | Lukko | 73 | [R 116] | |||||
4 de marzo | Raksila | Kärpät | 13–0 | Lukko | 118 | Shutout rexistrado por Johanna Oksman (3). | [R 117] | |||
HML hh | HPK | 3–1 | Team Kuortane | 80 | [R 118] | |||||
Niirala | KalPa | 8–2 | KJT | 71 | Catro goles de Tanja Niskanen. | [R 119] | ||||
Tapiola 2 | Blues | 0–4 | Ilves | 120 | Shutout rexistrado por Vilma Vaattovaara (5). Tres goles de Linda Välimäki. | [R 120] |
Ao final da liga regular Linda Välimäki (Ilves) liderou a táboa de puntuadoras da liga cun rexistro de 30 goles e 28 asistencias para un total de 58 puntos, catro máis que a súa compañeira de equipo Riikka Noronen e seis máis que Saija Tarkki (Kärpät), segunda e terceira máximas puntuadoras respectivamente. A seguintes dez xogadoras lideraron a liga regular en puntos:[45]
Xogadora | Equipo | PX | G | A | Pts | PIM | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Linda Välimäki | Ilves | 25 | 30 | 28 | 58 | 8 |
2 | Riikka Noronen | Ilves | 29 | 24 | 30 | 54 | 20 |
3 | Saija Tarkki | Kärpät | 28 | 19 | 33 | 52 | 20 |
4 | Niina Mäkinen | Kärpät | 29 | 23 | 24 | 47 | 22 |
5 | Tanja Niskanen | KalPa | 24 | 20 | 24 | 44 | 37 |
6 | Saila Saari | Kärpät | 26 | 18 | 26 | 44 | 4 |
7 | Elisa Holopainen | KalPa | 28 | 17 | 25 | 42 | 6 |
8 | Jenniina Nylund | Team Kuortane | 30 | 23 | 16 | 39 | 14 |
9 | Matilda Nilsson | KalPa | 27 | 21 | 18 | 39 | 20 |
10 | Anniina Kaitala | HPK | 30 | 17 | 20 | 37 | 20 |
Ao final da liga regular Vilma Vaattovaara (Ilves) foi a porteira coa mellor porcentaxe de paradas cun 94,5%. Vaattovaara foi a terceira porteira que máis tempo permaneceu no xeo por detrás de Jenna Silvonen (Blues) e Meeri Räisänen (HPK, que foi a segunda mellor porteira en porcentaxe cun 94,1%). Con todo, foi Jenna Silvonen a porteira que máis veces conseguiu finalizar un partido sen encaixar un gol (shutout) cun total de seis partidos, e a que máis partidos xogou cun total de 28. As seguintes dez porteiras lideraron a liga regular en porcentaxe de paradas:[46]
Xogadora | Equipo | PX | TOI | V | D | S | GC | SO | S-% | GAA | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Vilma Vaattovaara | Ilves | 21 | 1232:19 | 15 | 1 | 494 | 29 | 5 | 94,5 | 1,41 |
2 | Meeri Räisänen | HPK | 23 | 1366:24 | 12 | 10 | 780 | 49 | 4 | 94,1 | 2,15 |
3 | Tiia Pajarinen | Team Kuortane | 14 | 807:57 | 7 | 5 | 391 | 28 | 5 | 93,3 | 2,08 |
4 | Johanna Oksman | Kärpät | 13 | 733:46 | 8 | 4 | 305 | 22 | 4 | 93,3 | 1,80 |
5 | Jenna Silvonen | Blues | 28 | 1634:11 | 14 | 8 | 815 | 62 | 6 | 92,9 | 2,28 |
6 | Iina Kuusela | KalPa | 19 | 1047:18 | 8 | 7 | 648 | 53 | 2 | 92,4 | 3,04 |
7 | Katriina Saarenmaa | Lukko | 11 | 590:41 | 1 | 8 | 470 | 46 | 1 | 91,1 | 4,67 |
8 | Oona Mäki | Team Kuortane | 10 | 598:57 | 6 | 4 | 246 | 25 | 2 | 90,8 | 2,50 |
9 | Tiina Ranne | KalPa | 15 | 761:18 | 7 | 7 | 372 | 38 | 2 | 90,7 | 2,99 |
10 | Susanna Airaksinen | Kärpät | 12 | 724:21 | 7 | 3 | 273 | 28 | 4 | 90,7 | 2,32 |
Fonte: Leijonat.fi[47]
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
1 - Ilves | 3 | |||||||||
4 - HPK | 0 | |||||||||
5 - Team Kuortane | 1 | |||||||||
5 - Team Kuortane | 3 | |||||||||
1 - Ilves | 1 | |||||||||
2 - Kärpät | 3 | |||||||||
3 - Blues | 3 | |||||||||
3 - Blues | 2 | |||||||||
6 - KalPa | 1 | |||||||||
2 - Kärpät | 3 | |||||||||
O HPK, que finalizara a liga regular na cuarta posición, enfrontouse ao Team Kuortane, quinto clasificado da liga regular. As de Hämeenlinna superaron na clasificación ás de Ostrobotnia do Sur por un punto, e dos catro enfrontamentos previos ás series o HPK gañara tres (os dous primeiros e o derradeiro) e o Team Kuortane tan só un, sen conseguir gañar en Hämeenlinna. As xogadoras dirixidas por Jari Risku eliminaron pola vía rápida ás de Hämeenlinna logo de impoñerse en tres partidos (1-4, 3-0 e 1-4). Deste xeito o equipo de Kuortane conseguiu a clasificación para as semifinais por primeira vez na súa historia.[48][49]
6 de marzo de 2018 18:45 |
HPK | 1 - 4 (0–1, 1–1, 0–2) |
Team Kuortane | Hämeenlinna Asistencia: 60 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Räisänen | Porteiros | Pajarinen | Árbitro: Henna Åberg Liñas: Ilpo Lehtimäki Linnea Sainio | |
Katajamäki (Seikkula, Hämeenniemi) |
0 - 1 1 - 1 1 - 2 1 - 3 1 - 4 |
Vainikka (Nyund) Nieminen (Nyund, Karjalainen) Eve Savander (Jenniina Nyund, Sini Karjalainen), pp Petra Nieminen (Vainikka, Mäkelä) | ||
8 min | Penalties | 6 min | ||
29 | Tiros | 28 |
8 de marzo de 2018 18:30 |
Team Kuortane | 3 - 0 (1–0, 2–0, 0–0) |
HPK | Kuortane Asistencia: 125 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Pajarinen | Porteiros | Räisänen | Árbitro: Joni Koivunen Liñas: Milla Maijala Joni Vainionpää | |
Nousiainen (Melotindos, Rantala) Kaila (Säkkinen, Lehtimäki) Nieminen (Savander, Vesa) |
1 - 0 2 - 0 3 - 0 |
|||
2 min | Penalties | 10 min | ||
20 | Tiros | 31 |
10 de marzo de 2018 14:00 |
HPK | 1 - 4 (0–1, 1–2, 0–1) |
Team Kuortane | Hämeenlinna Asistencia: 80 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Pajarinen | Porteiros | Räisänen | Árbitro: Henna Åberg Liñas: Linnea Sainio Jenni Jaatinen | |
Jaakkola (Seikkula) |
0 - 1 1 - 1 1 - 2 1 - 3 1 - 4 |
Petra Nieminen (Viivi Vainikka, Jenniina Nyund) Petra Nieminen (Viivi Vainikka) Nousiainen (Melotindos, Räsänen) Räsänen (Savander, Karjalainen) en | ||
16 min | Penalties | 12 min | ||
32 | Tiros | 28 |
As Blues non foron quen de superar ás Kärpät na clasificación da liga regular e finalizaron na terceira posición, o que lles fixo disputar as eliminatorias de cuartos de final fronte ás sextas clasificadas, as xogadoras de KalPa.[40] As eliminatorias comezaron o 6 de marzo coa vitoria das Blues en Espoo (6-1),[41] mais as de Kuopio conseguiron empatar a serie na casa.[50] Finalmente as Blues gañaron o terceiro e o cuarto encontro e clasificáronse para as semifinais fronte ás Kärpät, segundas clasificadas.[51]
6 de marzo de 2018 17:20 |
Blues | 6 - 1 (1–1, 2–0, 3–0) |
KalPa | Tapiola 2 (Espoo) Asistencia: 85 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Jenna Silvonen | Porteiros | Iina Kuusela | Árbitro: NURMI Anniina Nurmi Liñas: Elisa Vaittinen Milla Ronkainen | |
Leinonen (Ylitalo, Viitasuo) Leinonen (Viitasuo) Ylitalo (Tuominen, Leinonen) Katajamäki (Valkjärvi, Huhta) Haukijärvi Laitinen (Leinonen, Tuominen), pp |
0 - 1 1 - 1 2 - 1 3 - 1 4 - 1 5 - 1 6 - 1 |
Juutilainen (Nilsson, Koljonen) | ||
4 min | Penalties | 8 min | ||
52 | Tiros | 28 |
8 de marzo de 2018 13:30 |
KalPa | 4 - 1 (1–0, 1–0, 2–1) |
Blues | Niirala (Kuopio) Asistencia: 80 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Iina Kuusela | Porteiros | Jenna Silvonen | Árbitro: Henri Kuparinen Liñas: Antti Haavisto Miiro Tukia | |
Holopainen (Niskanen) Nilsson (Koljonen, Niskanen), pp Niskanen, pp Holopainen (Koljonen) |
1 - 0 2 - 0 2 - 1 3 - 1 4 - 1 |
Katajamäki (Ruuskanen, Ylitalo) | ||
4 min | Penalties | 10 min | ||
34 | Tiros | 35 |
10 de marzo de 2018 17:30 |
Blues | 7 - 0 (3–0, 1–0, 3–0) |
KalPa | Tapiola 2 (Espoo) Asistencia: 111 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Jenna Silvonen | Porteiros | Iina Kuusela Tiina Ranne |
Árbitro: Anniina Nurmi Liñas: Toni Karjalainen Milla Ronkainen | |
Rozon (Leinonen, Ylitalo) Leinonen (Ylitalo, Laitinen) Ylitalo (Huhta, Silvonen) Tuominen (Leinonen, Rozon) Leinonen (Ruuskanen) Rakkolainen (Haukijärvi, Teräväinen) Haukijärvi (Rakkolainen), pp |
1 - 0 2 - 0 3 - 0 4 - 0 5 - 0 6 - 0 7 - 0 |
|||
4 min | Penalties | 10 min | ||
48 | Tiros | 27 |
1 de marzo de 2023 19:10 |
KalPa | 0 - 3 (0–0, 0–2, 0–1) |
Blues | Niirala (Kuopio) Asistencia: 108 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Iina Kuusela | Porteiros | Jenna Silvonen | Árbitro: Henri Kuparinen Liñas: Miiro Tukia Aino Härkönen | |
0 - 1 0 - 2 0 - 3 |
Teräväinen (Huhta) Ylitalo (Teräväinen, Katajamäki) Katajamäki (Tuominen), en | |||
14 min | Penalties | 8 min | ||
32 | Tiros | 36 |
Logo de facer historia e clasificarse por primeira vez para as semifinais, o Team Kuortane enfrontouse ao Ilves, primeiro clasificado da liga regular. A serie iniciouse cun partido moi disputado en Tampere, antes do cal Linda Välimäki recibiu o trofeo Marianne Ihalainen de mans da propia Ihalainen como máxima puntuadora da liga regular, así como o trofeo Tiia Reima á máxima goleadora da liga regular. No partido, as locais só puideron facerse coa vitoria nos shootouts logo de finalizar o tempo regulamentario con empate a un gol e non marcar ningún dos dous equipos na prórroga.[52][53] O Team Kuortane puido equilibrar a serie coa vitoria na casa no segundo partido, no que salientou especialmente a figura da local Jenniina Nylund, que anotou catro goles, os dous últimos, un deles o da vitoria, en menos de 20 segundos ao final do terceiro período.[54] No terceiro partido as xogadoras de Kuortane conseguiron remontar tres goles, mais acabaron cedendo novamente nos shootouts.[55] Finalmente as xogadoras do Ilves impuxéronse na súa visita a Kuortane no cuarto partido (2-3), no que as veteranas do Ilves asumiron a responsabilidade, e no que Linda Välimäki anotou o gol gañador ao final da superioridade do seu equipo logo de que as locais igualaran o marcador ata en dúas ocasións, e que buscaron sen éxito o gol sen porteira durante un minuto e medio. Deste xeito as de Tampere clasificábanse para as finais da liga por primeira vez dende 2012.[56][57]
17 de marzo de 2018 12:30 |
Ilves | 2 - 1 (SO) (0–0, 0–1, 1–0) (OT: 0–0) (SO: 1–0) |
Team Kuortane | Tesoman jäähalli (Tampere) Asistencia: 160 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Vilma Vaattovaara | Porteiros | Tiia Pajarinen | Árbitro: Kaisa Ketonen Liñas: Jenna Puhakka Jenni Jaatinen | |
Linda Välimäki (Riikka Noronen, Ida Karjalainen) Sari Kärnä Linda Välimäki |
0 - 1 1 - 1 Sootouts: 1 - 0 2 - 0 |
Kiia Nousiainen (Linnea Melotindos, Anna-Lotta Räsänen | ||
14 min | Penalties | 16 min | ||
45 | Tiros | 34 |
18 de marzo de 2018 15:30 |
Team Kuortane | 5 - 4 (1–2, 2–1, 2–1) |
Ilves | Kuortane Asistencia: 130 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Tiia Pajarinen | Porteiros | Vilma Vaattovaara | Árbitro: Anniina Nurmi Liñas: Jenna Puhakka Jenni Jaatinen | |
Jenniina Nylund (Petra Nieminen) Petra Nieminen (Viivi Vainikka) Jenniina Nylund (Sanni Rantala) Jenniina Nylund (Viivi Vainikka, Sini Karjalainen) Jenniina Nylund ( Petra Nieminen) |
0 - 1 1 - 1 1 - 2 2 - 2 2 - 3 3 - 3 3 - 4 4 - 4 5 - 4 |
Ida Karjalainen (Linda Välimäki, Anni Hietaharju) Linda Välimäki (Vilma Vaattovaara), pp Riikka Noronen (Linda Välimäki) Riikka Noronen | ||
4 min | Penalties | 12 min | ||
27 | Tiros | 31 |
22 de marzo de 2018 19:15 |
Ilves | 4 - 3 (SO) (1–0, 2–1, 0–2) (OT: 0–0 (SO: 1–0) |
Team Kuortane | Tesoman jäähalli (Tampere) Asistencia: 210 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Vilma Vaattovaara | Porteiros | Tiia Pajarinen | Árbitro: Kaisa Ketonen Liñas: Milla Ronkainen Jenni Heikkinen | |
Johanna Koivula Ida Karjalainen Kati Koskelin (Hilma Kauhanen) Ida Karjalainen Linda Välimäki |
1 - 0 2 - 0 3 - 0 3 - 1 3 - 2 3 - 3 Sootouts: 1 - 0 2 - 0 |
Jenniina Nylund (Viivi Vainikka, Sini Karjalainen) Viivi Vainikka (Jenniina Nylund, Petra Nieminen) Jenniina Nylund (Sanni Rantala, Petra Nieminen) | ||
8 min | Penalties | 4 min | ||
31 | Tiros | 36 |
24 de marzo de 2018 15:30 |
Team Kuortane | 2 - 3 (1–2, 1–0, 0–1) |
Ilves | Kuortane Asistencia: 210 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Tiia Pajarinen | Porteiros | Vilma Vaattovaara | Árbitro: Anniina Nurmi Liñas: Jenna Puhakka Jenni Jaatinen | |
Viivi Vainikka (Petra Nieminen, Eve Savander, pp Jenniina Nylund (Petra Nieminen, Sanni Rantala) |
0 - 1 1 - 1 1 - 2 2 - 2 2 - 3 |
Anne Tuomanen Riikka Noronen (Linda Välimäki) Linda Välimäki (Jenna Lehtiniemi, Riikka Noronen) | ||
8 min | Penalties | 10 min | ||
36 | Tiros | 22 |
As segundas semifinais enfrontaron ás Kärpät coas Blues na que foi a reedición da final da tempada precedente, na queu as xogadoras de Oulu alzaron a Aurora Borealis Malja.[51] Nestas semifinais o factor cancha foi determinante, xa que ningún dos dous equipos conseguiu a vitoria lonxe do seu estadio. Nos dous primeiros enfrontamentos non houbo moitos goles e estes non chegaron ata os segundos terzos. No segundo partido todos os goles das Blues chegaron no segundo terzo, mentres que o solitario gol das Kärpät non chegou ata o último período nun partido con grandes actuacións das porteiras: Jenna Silvonen (Blues, 42 paradas) e Johanna Oksman (Kärpät, 44 paradas).[54] Logo do segundo par de enfrontamentos a eliminatoria estaba empatada a dúas vitorias, polo que todo quedaba pendente do que pasara en Oulu. Se ben nos partidos anteriores da eliminatoria transcorreran moitos minutos sen goles, no cuarto partido as Kärpät axiña abriron o marcador aproveitando a superioridade cando aínda non pasaran catro minutos do pitido inicial, mais as de Espoo repuxéronse e empataron dúas veces o partido, que acabaron levándose a pesar de que as de Oulu procuraron o gol do empate durante case catro minutos sen porteira.[56][58] A pesar do gol inicial das Blues, os goles nos minutos iniciais do segundo período da capitá das Kärpät Isa Rahunen déronlle a iniciativa ás locais, e aínda que Tinja Haukijärvi conseguiu empatar para as Blues, un tanto de Niina Koukkula pouco antes da finalización do segundo terzo converteuse no gol da vitoria.[59][60] Deste xeito as Kärpät clasificábanse por segundo ano consecutivo para as finais, nas que poderían revalidar o título.
17 de marzo de 2018 16:00 |
Kärpät | 3 - 2 (OT) (0–0, 0–0, 2–2) (OT: 3–2) |
Blues | Raksila (Oulu) Asistencia: 275 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Johanna Oksman | Porteiros | Jenna Silvonen | Árbitro: Johanna Tauriainen Liñas: Veikka Vikstedt Niko Rautiainenn | |
Suvi Käyhkö (Isa Rahunen, Saila Saari) Saila Saari (Suvi Käyhkö, Nelli Salomäki, en Sari Wäänänen (Saija Tarkki) |
1 - 0 1 - 1 1 - 2 2 - 2 3 - 2 |
Nea Ruuskanen (Tinja Haukijärvi) Tinja Haukijärvi (Nea Ruuskanen, Minnamari Tuominen) | ||
14 min | Penalties | 8 min | ||
32 | Tiros | 41 |
18 de marzo de 2018 17:30 |
Blues | 3 - 1 (0–0, 3–0, 0–1) |
Kärpät | Tapiola 2 (Espoo) Asistencia: 186 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Jenna Silvonen | Porteiros | Johanna Oksman | Árbitro: Henna-Maria Koivuluoma Liñas: Milla Ronkainen Niko Nurmio | |
Tinja Haukijärvi (Minnamari Tuominen, Nelli Laitinen, pp Mira Huhta Tinja Haukijärvi (Emmi Rakkolainen) |
1 - 0 2 - 0 3 - 0 3 - 1 |
Saila Saari (Niina Mäkinen, Saija Tarkki, pp | ||
12 min | Penalties | 8 min | ||
44 | Tiros | 42 |
22 de marzo de 2018 19:00 |
Kärpät | 5 - 2 (0–0, 3–1, 2–1) |
Blues | Raksila (Oulu) Asistencia: 205 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Johanna Oksman | Porteiros | Jenna Silvonen | Árbitro: Johanna Tauriainen Liñas: Ari Virtanen Niko Rautiainen | |
Saila Saari (Niina Koukkula, Aino Kaijankoski) Saija Tarkki (Niina Mäkinen, Nelli Salomäki) Niina Mäkinen (Saija Tarkki, Sari Wäänänen) Saila Saari (Saija Tarkki, Isa Rahunen) Nelli Salomäki (Saila Saari), en |
0 - 1 1 - 1 2 - 1 3 - 1 4 - 1 4 - 2 5 - 2 |
Mira Huhta (Reetta Valkjärvi) Nikola Gapova (Nelli Laitinen) | ||
4 min | Penalties | 4 min | ||
38 | Tiros | 36 |
24 de marzo de 2018 15:30 |
Blues | 4 - 3 (0–1, 2–1, 2–1) |
Kärpät | Tapiola 2 (Espoo) Asistencia: 149 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Jenna Silvonen | Porteiros | Johanna Oksman | Árbitro: Henna Åberg Liñas: Milla Ronnkainen Jenni Heikkinen | |
Minnamari Tuominen (Elviira Ylitalo) Elviira Ylitalo (Nea Katajamäki, Ella Viitasuo Emmi Leinonen (Elviira Ylitalo, Ella Viitasuo), pp Emmi Leinonen (Elviira Ylitalo, Ella Viitasuo) |
0 - 1 1 - 1 1 - 2 2 - 2 3 - 2 4 - 2 4 - 3 |
Niina Mäkinen (Saija Tarkki, Saila Saari), pp Saija Tarkki (Niina Mäkinen, Sari Wäänänen) Isa Rahunen (Niina Mäkinen, Saila Saari), pp | ||
6 min | Penalties | 12 min | ||
34 | Tiros | 24 |
25 de marzo de 2018 14:30 |
Kärpät | 3 - 2 (0–1, 3–1, 0–0) |
Blues | Raksila (Oulu) Asistencia: 174 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Johanna Oksman | Porteiros | Jenna Silvonen | Árbitro: Johanna Tauriainen Liñas: Ari Virtanen Niko Rautiainen | |
Isa Rahunen (Jonna Yli-Mäenpää) Isa Rahunen (Nelli Salomäki) Niina Koukkula (Reetta Lindholm) |
0 - 1 1 - 1 2 - 1 2 - 2 3 - 2 |
Elviira Ylitalo (Nelli Laittinen) Tinja Haukijärvi (Emmi Rakkolainen), pp | ||
8 min | Penalties | 4 min | ||
26 | Tiros | 31 |
As Espoo Blues e o Team Kuortane enfrontáronse no partido pola medalla de bronce. As Blues, equipo máis laureado da competición, finalizaron a liga regular na terceira posición e caeron nas semifinais fronte ás Kärpät no quinto partido, mentres que as de Kuortane chegaron ás series como quintas clasificadas e caeran nas semifinais, ás que chegaron logo de eliminar ao HPK, fronte o Ilves, primeiro clasificado da liga regular. A final de consolación xogouse no estadio de Tapiola en Espoo, onde as xogadoras do Kuortane sorprenderon ás locais dende o inicio, cando tomaron vantaxe cun gol de Petra Nieminen, no segundo terzo outros dous goles de Linnea Melotindos e Jenniina Nylund ampliaron a vantaxe, e no último terzo dous goles máis do equipo colexial puxeron o 0-5 definitivo nun partido no que salientou a figura da porteira visitante Tiia Pajarinen, quen conseguiu manter a portería a cero con 36 paradas, garantindo a medalla de bronce.[61][62]
31 de marzo de 2018 16:00 |
Blues | 0 - 5 (0–1, 0–2, 0–2) |
Team Kuortane | Tapiola (Espoo) Asistencia: 290 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Jenna Silvonen | Porteiros | Tiia Pajarinen | Árbitro: Henna Åberg Liñas: Jenna Puhakka Jenni Heikkinen | |
0 - 1 0 - 2 0 - 3 0 - 4 0 - 5 |
Petra Nieminen (Jenniina Nylund, Viivi Vainikka) Linnea Melotindos (Kiia Nousiainen) Jenniina Nylund (Petra Nieminen) Viivi Vainikka (Jenniina Nylund, Petra Nieminen), pp Anna-Lotta Räsänen (Linnea Melotindos, Iina Tohila), en | |||
2 min | Penalties | 2 min | ||
36 | Tiros | 31 |
Na final víronse as caras os dous mellores equipos da liga regular, o Ilves e as Kärpät. A eliminatoria prevíase moi igualada, xa que dos catro partidos nos que se enfrontaran na liga regular cada un gañara dous.[59] No partido inaugural da serie as de Oulu fixéronse coa vitoria, gañando o factor cancha logo de adiantarse no marcador a menos de tres minutos para a conclusión do primeiro período e ampliar a diferenza ao 0-2 cando aínda non pasaran cinco minutos do segundo terzo, e aínda que Jenna Lehtiniemi reduciu as diferenzas, Saila Saari anotou o 1-3 definitivo cando as locais xogaban sen porteira buscando o empate.[63][64] O Ilves empatou a serie coa súa vitoria en Oulu no segundo partido (1-2) logo dos shootouts, se ben as de Tampere adiantáronse no marcador logo dun forte inicio de partido no que Ida Karjalainen abriu o marcador, aínda que Saila Saari se encargaría de igualar a contenda. Nos shootouts Vilma Vaattovaara detivo todos os lanzamentos das Kärpät, mentres que Riikka Noronen asinou o gol da vitoria das linces.[65] Tamén se decidiu nos shootouts o terceiro choque, no que a pesar de que as locais dominaron o marcador 2-0 no terceiro tempo, os goles de Niina Koukkula e Saila Saari con 29 segundos de diferenza levaron o partido á prórroga, onde ningún dos equipos encontrou o camiño do gol ata que, xa nos shootouts, Isa Rahunen anotou o primeiro lanzamento e posteriormente ningunha outra xogadora foi quen de levar o disco ao fondo da rede.[66] Finalmente o campionato decidiuse en Oulu logo da vitoria das locais no cuarto encontro por 5 goles a 1, rompendo así a dinámica dos encontros entre ambos equipos na tempada, xa que todos os partidos ata o momento se decidiran a favor do equipo visitante. A porteira das Kärpät Johanna Oksman tivo un papel destacado ao deter 27 lanzamentos e levouse o premio á mellor xogadora dos play-offs.[67][68][69]
30 de marzo de 2018 15:00 |
Ilves | 1 - 3 (0–1, 1–1, 0–1) |
Kärpät | Tesoman jäähalli (Tampere) Asistencia: 470 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Vilma Vaattovaara | Porteiros | Johanna Oksman | Árbitro: Henna-Maria Koivuluoma Liñas: Jenni Jaatinen Linnea Sainio | |
Jenna Lehtiniemi (Linda Välimäki, Jenna Suokko) |
0 - 1 0 - 2 1 - 2 1 - 3 |
Niina Mäkinen (Isa Rahunen, Saija Tarkki), pp Suvi Käyhkö (Niina Koukkula) Saila Saari (Saija Tarkki), en | ||
6 min | Penalties | 6 min | ||
28 | Tiros | 32 |
1 de abril de 2018 16:00 |
Kärpät | 1 - 2 (SO) (0–1, 1–0, 0–0) (OT: 0–0) (SO: 0–1) |
Ilves | Raksila (Oulu) Asistencia: 758 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Johanna Oksman | Porteiros | Vilma Vaattovaara | Árbitro: Johanna Tauriainen Liñas: Ari Virtanen Niko Rautiainen | |
Saila Saari, (Aino Kaijankoski) |
0 - 1 1 - 1 Sootouts: 0 - 1 |
Ida Karjalainen, Linda Välimäki) Riikka Noronen | ||
6 min | Penalties | 10 min | ||
36 | Tiros | 46 |
7 de abril de 2018 16:30 |
Ilves | 2 - 3 (SO) (1–0, 0–0, 1–2) (OT: 0–0 (SO: 0–1) |
Kärpät | Tesoman jäähalli (Tampere) Asistencia: 462 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Vilma Vaattovaara | Porteiros | Johanna Oksman | Árbitro: Kaisa Ketonen Liñas: Linnea Sainio Jenni Heikkinen | |
Linda Välimäki (Sari Kärnä) Anne Tuomanen (Linda Välimäki, Sari Kärnä) |
1 - 0 2 - 0 2 - 1 2 - 2 Sootouts: 0 - 1 |
Niina Koukkula (Reetta Lindholm, Nelli Salomäki) Saila Saari (Saija Tarkki, Niina Mäkinen), pp Isa Rahunen | ||
14 min | Penalties | 8 min | ||
32 | Tiros | 36 |
8 de abril de 2018 17:00 |
Kärpät | 5 - 1 (1–0, 2–1, 2–0) |
Ilves | Raksila (Oulu) Asistencia: 925 |
Referencia do partido | ||||
---|---|---|---|---|
Johanna Oksman | Porteiros | Vilma Vaattovaara | Árbitro: Johanna Tauriainen Liñas: Linnea Sainio Jenni Heikkinen | |
Jasmin Hulanmäki (Sari Wäänänen, Jonna Yli-Mäenpää) Niina Mäkinen (Isa Rahunen, Jasmin Hulanmäki), pp Nelli Salomäki (Saila Saari, Suvi Käyhkö) Nelli Salomäki (Suvi Käyhkö, Niina Koukkula) Niina Mäkinen (Saila Saari, Saija Tarkki) |
1 - 0 2 - 0 2 - 1 3 - 1 4 - 1 5 - 1 |
Sari Kärnä (Linda Välimäki, Anni Rantanen) | ||
4 min | Penalties | 6 min | ||
35 | Tiros | 27 |
Xogadora | Equipo | PX | G | A | Pts | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Jenniina Nylund | Team Kuortane | 7 | 8 | 7 | 15 |
2 | Petra Nieminen | Team Kuortane | 8 | 7 | 8 | 15 |
3 | Saila Saari | Kärpät | 9 | 7 | 6 | 13 |
3 | Linda Leppänen | Ilves | 8 | 5 | 8 | 13 |
Fonte: Leijonat.fi[71]
Xogadora | Equipo | PX | TOI | V | D | S | GC | SO | S-% | GAA | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Tiia Pajarinen | Team Kuortane | 8 | 518:29 | 5 | 1 | 241 | 13 | 2 | 94,9 | 1,50 |
2 | Johanna Oksman | Kärpät | 9 | 591:00 | 5 | 2 | 319 | 18 | 0 | 94,7 | 1,83 |
3 | Jenna Silvonen | K-Espoo | 10 | 613:50 | 5 | 5 | 318 | 22 | 2 | 93,5 | 2,15 |
O equipo das Kärpät que conquistou o primeiro campionato finlandés feminino baixo a denominación de "Naisten Liiga" estivo integrado polas seguintes xogadoras:[72]
Campión feminino de Finlandia Oulun Kärpät |
Porteiras: Johanna Oksman, Susanna Airaksinen, Anni Keisala Patinadoras: Saija Tarkki, Niina Mäkinen, Saila Saari, Isa Rahunen, Sari Wäänänen, Suvi Käyhkö, Jonna Yli-Mäenpää, Nelli Salomäki, Niina Koukkula, Alexia Remes, Reetta Lindholm, Aino Kaijankoski, Janette Jokikokko, Camilla Reinikainen, Jasmin Hulanmäki, Kristiina Meriläinen, Vilma Wik, Mira Jalosuo, Eveliina Huttula, Monica Sarkkinen, Maria Heinonen, Ella Välikangas, Veera Huotari, Marianna Rajala, Ada Ukkola, Sofia Harju, Lilli Antinmäki |
Posición | Xogadora | Equipo |
---|---|---|
Porteira | Meeri Räisänen | HPK |
Defensa | Isa Rahunen | Kärpät |
Defensa | Minnamari Tuominen | Blues |
Á | Riikka Noronen | Ilves |
Centro | Linda Välimäki | Ilves |
Á | Petra Nieminen | Team Kuortane |
Posición | Xogadora | Equipo |
---|---|---|
Porteira | Jenna Silvonen | Blues |
Defensa | Eve Savander | Team Kuortane |
Defensa | Ella Viitasuo | Blues |
Á | Matilda Nilsson | KalPa |
Centro | Saija Tarkki | Kärpät |
Á | Elisa Holopainen | KalPa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.