xogadora de hóckey sobre xeo finlandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Marianne Ihalainen, nada en Tampere o 22 de febreiro de 1967 é unha ex xogadora e adestradora finlandesa de hóckey sobre xeo. Desempeñou toda a súa carreira deportiva en Ilves Naiset, equipo que tamén adestrou durante catro tempadas.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1967 (57 anos) Tampere, Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 165 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 68 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mano para tirar | dereita | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
febreiro de 1998 | Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
febreiro de 1998 | ice hockey at the 1998 Winter Olympics – women's tournament (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
bronce |
Marianne Ihalainen criouse no Rahola, no oeste de Tampere. Alí xogaba con moitos nenos da súa mesma idade e cos seus irmáns, que tamén eran afeccionados aos deportes de xeo, e xogaba no xeo sempre que era posible. Ihalainen tamén xogaba nun equipo de nenas do Ilves, o que non era habitual no club na década de 1970.[1]
En 2001 o Ilves conxelou o seu número 16, converténdose deste xeito na primeira xogadora do mundo cuxa camisola se elevou ata o texto dun pavillón.[2]
En 2019 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo elevou a súa camisola, sendo a primeira muller en conseguir este recoñecemento á súa traxectoria na selección finlandesa.[3][4]
O 23 de xaneiro de 2020 foi unha das primeiras persoas incluídas no salón da fama do Ilves, coñecido co nome de "Ilves Hockey Legends", xunto con nomes como Raimo Helminen, Lasse Oksanen, Pentti Isotalo, Reijo Hakanen, Pekka Leimu, Risto Siltanen ou os falecidos Niilo Tammisalo (fundador do club), Juhani Linkosuo, Aarne Honkavaara, Jarmo Wasama, Jorma Peltonen ou os membros da familia Tiitola. A cerimonia celebrouse no pavillón de Hakametsä durante o da Liiga que enfrontou o Ilves cos Kärpät de Oulu.[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.