ópera de Verdi From Wikipedia, the free encyclopedia
Nabucco é unha traxedia lírica en catro partes, cada unha cun título (Xerusalén, O impío, A profecía e O ídolo), con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseada no Antigo Testamento e na obra Nabuchodonosor de Francis Cornue e Anicète Bourgeois. Foi estreada o 9 de marzo de 1842 no Teatro alla Scala de Milán.
Edición de 1923. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 4 partes |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Temistocle Solera |
Fontes literarias | Baseada na historia bíblica e a obra de Auguste Anicet-Bourgeois e Francis Cornue Nabucodonosor (1836) |
Estrea | 9 de marzo de 1842 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 2 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
coro | Participación destacable[2] |
Personaxes | |
A acción da ópera conta a historia do rei Nabucodonosor II da Babilonia. Foi escrita durante a época da ocupación austriaca no norte da Italia e, por medio da varias analoxías, suscitou o sentimento nacionalista italiano. O Coro dos Escravos Hebreos, no terceiro acto da ópera (Va, pensiero, sull'ali dorate, "Vai, pensamento, sobre asas douradas") converteuse nun símbolo do nacionalismo italiano da época.
O éxito desta ópera perdura ata hoxe en día, e aínda que non é tan representada como outras óperas de Verdi, permanece entre as óperas máis representadas do repertorio operístico mundial. Nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto n.º 17 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 10.ª en Italia e a cuarta de Verdi, con 183 representacións.
Personaxe | Tesitura | Intérpretes na estrea, 9 de marzo de 1842 (Director: - Eugenio Cavallini) |
---|---|---|
Nabucco, rei de Babilonia | barítono | Giorgio Ronconi |
Abigaille, supostamente a súa filla maior | soprano | Giuseppina Strepponi |
Fenena, filla de Nabucco | mezzosoprano | Giovannina Bellinzaghi |
Ismaele, sobriño do rei de Xerusalén | tenor | Corrado Miraglia |
Zaccaria, Sumo Sacerdote de Xerusalén | baixo | Prosper Dérivis |
Anna, irmá de Zaccaria | soprano | Teresa Ruggeri |
Abdallo, soldado babilonio | tenor | Napoleone Marconi |
Sumo Sacerdote de Babilonia | baixo | Gaetano Rossi |
Povoo, soldados |
Interior do Templo de Xerusalén
Nabucco entra en Xerusalén. A presenza dunha refén, Fenena, filla máis nova de Nabucco, pode asegurar a paz (Aria: Come notte a sol fulgente / "Como a noite antes do sol"). Zaccaria confía a seguridade de Fenena a Ismaele, sobriño do rei de Xerusalén e anterior enviado a Babilonia. Aínda que Fenena e Ismaele se aman, cando os deixan sos, Ismaele úrxelle a ela a que escape antes que arriscar a súa vida. A filla máis vella de Nabucco, Abigaille, entra no templo con soldados disfrazados. Ela tamén ama a Ismaele. Ao descubrir aos amantes, ameaza a Ismaele: se non abandona a Fenena, Abigaille a acusará de traizón. Entra o propio rei (Viva Nabucco / "Viva Nabucco"). Zaccaria o desafía, ameazando con matar a Fenena cunha daga. Ismaele intervén para salvala. Nabucco responde ordenando a destrución do Templo, e os xudeus maldín a Ismaele como un traidor.
Escena 1: O palacio en Babilonia
Abigaille descubriu un documento que proba que ela non é a auténtica filla de Nabucco, senón unha escrava (Aria: Anch'io dischiuso un giorno / "Eu tamén unha vez abrín o meu corazón á felicidade"). O Sumo Sacerdote de Baal lanza un golpe para poñer a Abigaille no trono, mentres que estende o rumor de que Nabucco morreu en batalla, e eles deixan a Abigaille cantando a cabaletta: Salgo già del trono aurato / "Estou preparada para ascender ao trono dourado").
Escena 2: Unha sala no palacio en Babilonia
Zaccaria espera a Fenena (Vieni, o Levita / "Traede as táboas da lei"). Ela convértese ao xudaísmo, e Ismaele reconcíliase cos xudeus. Porén, anúnciase que o rei morreu e Abigaille e o Sumo Sacerdote de Baal esixen a coroa a Fenena. Inesperadamente entra o mesmo Nabucco, enfadando a ámbolos dous lados, tanto a Baal, como ao deus hebreu que el derrotou. Declárase a si mesmo Deus. Cando Zaccaria se queixa, Nabucco ordena que maten aos xudeus. Fenena di que ela compartirá a súa sorte. Repetindo que el é agora deus: Non son piu re, son dio / "Non son un rei! ¡Son un deus!"), Nabucco é fulminado por un raio e perde os seus sentidos.
Escena 1: Os xardíns colgantes de Babilonia
O Sumo Sacerdote de Baal presenta a Abigaille o decreto de morte contra os xudeus e Fenena. Nabucco entra enlouquecido, reclamando o seu trono. Abigaille convénceo para selar o decreto, mais el pídelle salvar a Fenena. Dille a Abigaille que ela non é a súa verdadeira filla senón unha escrava. Abigaille mófase del, destruíndo o documento coa evidencia das súas verdadeiras orixes. Entendendo que el é agora un prisioneiro, roga pola vida de Fenena. (Dúo: Oh di qual onta aggravasi questo mio crin canuto / "Oh qué afrenta debo soportar na miña ancianidade").
Escena 2: Beiras do río Éufrates
Os xudeus senten morriña da súa terra natal: Va pensiero, sull'ali dorate / "Voa, pensamento en as douradas; voa e aséntate nas ladeiras e os outeiros"). Zaccaria novamente lles exhorta a ter fe: Deus destruirá Babilonia.
Escena 1: O palacio en Babilonia
Nabucco desperta, recobrou complétamente o sentido e a forza. Ve que levan a Fenena, encadeada, á morte. Pide desculpas ao deus dos xudeus, e promete reconstruír o Templo de Xerusalén e seguir a fe verdadeira (Dio di Giuda / "¡Deus de Judá!").
Escena 2: Os xardíns colgantes de Babilonia
Conforme Zaccaria lidera a Fenena e aos xudeus á morte (Va! La palma del martirio......dischius'è il firmamento / "Vai, doncela, e conquista a palma do martirio"...."Oh, o ceo abriuse!") no altar dos sacrificios de Baal, Nabucco entra coas espada na man. A unha palabra súa, o ídolo de Baal creba en anacos. Nabucco libera aos xudeus e construirá un novo templo ao seu deus. Entra Abigaille, que se envelenou e expresa o seu remordemento, pedindo o perdón de Fenena e morre. Zaccaria aclama a Nabucco como o servidor de Deus e o rei de reis.
A partitura de Verdi prevé a utilización de:
Música en escena:
Ano | Intérpretes (Nabucco, Abigaille, Zaccaria, Ismaele, Fenena) |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo[5] |
---|---|---|---|
1951 | Paolo Silveri, Caterina Mancini, Antonio Cassinelli, Mario Binci, Gabriella Gatti | Fernando Previtali, Orchestra Sinfonica e Coro di Roma della RAI | CD de son: Warner Fonit 8573 82646-2 |
1965 | Tito Gobbi, Elena Souliotis, Carlo Cava, Bruno Prevedi, Dora Caral | Lamberto Gardelli, (Wiener Staatsoper Orquestra e Coro | CD de son: Decca Cat: 417 407-2 |
1982 | Piero Cappuccilli, Ghena Dimitrova, Evgeny Nesterenko, Placido Domingo, Lucia Valentini Terrani | Giuseppe Sinopoli, Deutschen Oper Berlin | CD de son: DG Cat: DG 410 512-2 |
1987 | Renato Bruson, Ghena Dimitrova, Paata Burchuladze, Bruno Beccaria, Raquel Pierotti | Riccardo Muti, Teatro alla Scala Orquestra e Coro | DVD: Warner Cat: 5050467-0944-2-0 |
2002 | Juan Pons, Maria Guleghina, Samuel Ramey, Gwyn Hughes Jones, Wendy White | James Levine, Metropolitan Opera | DVD: DG, live recording Cat: B0006O9M6S |
2004 | Alberto Gazzale, Susan Neves, Orlin Anastassov, Yasuharu Nakajiima, Annamaria Popescu | Riccardo Frizza, Teatro Carlo Felice Orquestra e Coro | DVD: Dynamic, live recording Cat: 33465 |
2004 | Renato Bruson, Maurizio Frusoni, Lauren Flanigan, Carlo Colombara, Monica Bacelli | Paolo Carignani, Teatro San Carlo Nápoles Orquestra e Coro | DVD: Brilliant Classics, live recording Cat: 92270 |
2007 | Leo Nucci, Maria Guleghina, Carlo Colombara, Fabio Sartori, Nino Surguladze, | Daniel Oren, Arena di Verona Orquestra e Coro | DVD: Decca, live recording Cat: DDD 0440 074 3245 7 DH |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.